martes, 31 de marzo de 2009

A ALEMAÑA NAZI

Chegamos a o derradeiro punto dun tema longo e complexo, moitos datos comprimidos nunha soa unidade. A ampliación dos temas serve para todos aqueles que teñan desexo de completar e aumentar o coñecemento de acontecementos claves na historia do s.XX., pero non para meter presión e gran cantidade de materia, polo tanto cada un escolle ata onde quere chegar.


Nesta ocasión falaremos da Alemaña nazi (1933-1945), cando os nacionalsocialistas alemáns instauran un modelo de Estado coñecido como III Reich e onde o seu líder indiscutible é Adolf Hitler.



Adol f Hitler

Hitler entra a formar parte do Partido Obreiro Alemán (DAP) e en 1920 intervén na redacción dun programa de 25 puntos onde anticipará os obxectivos da súa política (loita contra o Tratado de Versalles, cosntrucción dunha Grande Alemaña, búsqueda do espazo vital, racismo, antisemitismo e rearme). Nese mesmo ano o DAP únese con outras pequenas formacións e pasa a denominarse Partido Obreiro Alemán Nacionalsocialista (National Sozialische Deucher Arbeiter Partei) ou NSDAP. Créase a bandeira de cruz gamada (esvástica) e forma as Sturmabteilung ou Seccións de Asalto (SA), especializada na loita violenta nas rúas.

Cruz gamada, esvástica


Aproveitando a debilidade do goberno alemán (República de Weimar) e animado polo éxito da marcha fascista sobre Roma, co apoio do exército intenta un golpe de estado que falla e é encarceado. Nos anos no cárcere escribe o Mein Kampf (Miña Loita), onde fai unha exposición ampla do seu pensamento, baseado en:

  • exaltación da raza aria.
  • busca do espazo vital.
  • dominio das razas inferiores.
  • antisemitismo.
  • desprezo á democracia.
  • subordinación do individuo ao Estado.

Mein Kampf

Serán as ideas do racismo e as do espazo vital as que diferenciarán ao nazismo do fascismo.
  1. Racismo, a diferencia de razas derívase da aceptación da desigualdade humana, no caso alemán será a superioridade da raza aria e odio aos xudeos.

  2. Espazo vital, por revanchismo contra o Tratado de Versalles, defende a necesidade de reocupar os territorios onde exista poboación xermana. Despois unha vez acadado este novo Estado baixo a dirección dos nazis, aspiran a crear un espazo de influencia reservado á raza alemana.

ASCENSO DOS NAZIS AO PODER

Entre 1924 e 1929 é un periodo dificil, contan con escasos apoios electorais e dentro do partido hai grandes enfrontamentos. Hitler para reafirmar a súa autoridade limita o protagonismo dos xefes das SA e crea as Schutzstaffel ou Sección de Protección (SS) encargada da súa seguridade persoal.

Himler dirixirá as SS


1929 crise económica que como sabedes foide ámbito mundial, afectando de sobremaneira a Alemaña, e que foi acompañada de crise política xa que o goberno alemán está en mans de coalicións débiles. Os nazis conseguen apoios necesarios na poboación e en xaneiro de 1933 Hitler é nomeado Chanceler e no 1934 os nazis establecen a dictadura.

A DITADURA NAZI

  • Hitler fai "apaños" para que se convoquen novas eleccións coas que obter maioría absoluta no Parlamento. Neste contexto aproveitan o incidente do incendio do Reichstag (provocado por eles mesmos) par acusar aos comunistas e disolver o seu partido.

  • Queima do Reichstag alemán


  • Aproveitando os poderes de Hitler, decreta a disolución de todos os sindicatos e partidos políticos.

  • A noite dos coitelos longos (30 de xuño do 1934) depura ao partido a todos os que non amosaran lealdade cega ao Führer, o guía do pobo alemán. Iníciase o III Reich (Imperio).

  • A poboación alemana é sometida a un ríxido control policíaco pola XESTAPO (policía secreta).

  • Púrganse as bibliotecas, censura os medios de comunicación que son postos á disposición dopartido nazi para difundir a súa ideoloxía.

  • Os xudeos comezan a ser presionados pola lexislación e no 1938 comezan as persecucións nos pogroms (barrios xudeos) e destrúense sinagogas (noite dos cristais rotos 9 e 10 de setembro do 1938).

  • Sinagoga queimada na noite dos cristais rotos


  • Millóns de xudeos foron levados aos campos de concentración para seren eliminados (solución final), xa que unha vez eliminada a tara que supuñan os xudeos poderíase iniciar a expansión aria.

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER