domingo, 22 de marzo de 2009

ANINOVO PERSA

Hoxe é día 1 de Farvardin do 1387 segundo o calendario persa, primeiro día do ano iraní, (21 de marzo do 2009 segundo a era cristiá e o calendario gregoriano, cando redactei esta entrada e no momento da publicación 2 de favardin).

Coincidindo co inicio do equinoccio de primaveira, nos paises que se sitúan hoxe xeograficamente na zoa que ocupou o antigo imperio persa (Irán, Azerbaixán, Afganistán, Uzbekistán, Taxikistán, Turkmenistán Pakistán, partes da India e entre os kurdos), celebran o Noruz o aninovo persa.

NORUZ significa “novo día” en iraní. A forma de felicitación habitual é “saleh noh mobarak”, o noso "Feliz Aninovo".


Prepárase unhas horas antes da chegada do aninovo, unha mesa “haftsin” ou "haftseen" que significa mesa con sete eses, xa que se colocan sete obxectos cuxo nome empeza coa letra ese en persa, cada un dos cales simboliza algo: 1) SABZÉ (trigo ou lentellas xerminadas adornadas cunha cinta vermella símbolo do renacemento). 2) SIB (mazá), o amor e a beleza. 3) SIR (allo), a saúde. 4) SOMAG (zumaque) unha especie iraní que proven da árbore do paraíso, algo semellante ao chilí e simboliza a conquista da Luz. 5) SERKÉ (vinagre), a madurez e a paciencia ante as dificultades da vida. 6) SOMBOL (jacinto), símbolo da chegada da primaveira e 7) SEKKE (moedas de ouro), prosperidade e riqueza. Na mesma mesa colócase tamén un Corán, un espello e unha peixeira con peixes de cores, para atraer a sorte. En outros sitios atopei unha variante o Senyed: frutos secos (simbolizan o Amor), e como xa temos amor no sib (mazá) pois non vamos a tocar a mesa, supoño que será a gusto do consumidor, igual que os que toman uvas nas campanadas ou substitúen por outra cousa, que por certo nos dá para facer outra entrada o tema das tradicións do Nadal noutro momento, agora seguimos cos iraníes.


No momento do cambio de ano, a familia, con roupa nova como manda a tradición, sitúase ao redor da mesa felicitándose a chegada do aninovo, eiquí compartimos tradicións.

Durante os días seguintes, visítase aos demáis familiares e amigos cercanos. Ao 13º día tralo aninovo “sisdeh bedar”, todas as familias saen a pasar o día fora, para botar a mala sorte do número 13 (triscaidecafobia), curiosamente esta fobia ten relación co mundo cristiá.

As sementes xerminadas deben botarse a un río facendo pequenos feixes anudados, pedindo desexos de aninovo, algo parecido ao que nós facemos coas uvas cada vez que comemos unha, nós 12 desexos, os iraníes un desexo...¿?¿?¿?..., vivimos nun país consumista ata en tema de desexos.


Google adicoulle un logo especial no día de onte:

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER