domingo, 29 de marzo de 2009

ARTE RENACENTISTA. RESPOSTAS

As respostas á entrada do venres pasado son as seguintes:



A primeira imaxe feita en bronce é un detalle do David de Donatello, esta obra escultórica é representativa do quattocento italiano. Donatello foi o primeiro artista en esculpir un desnudo en época renacentista e tamén foi o primeiro facer un retrato ecuestre dende a época imperial romana (Gattamelata). Podes ampliar información pinchando eiquí.

O segundo exemplo pertence a un dos paneis das portas do Baptisterio de Florencia, as chamadas portas do Paráiso, concretamente á Historia de Abraham de Ghiberti, unha escultura en bronce dourado na que o artista emplea a técnica do schiacciato. O tema é a historia bíblica de Abraham e o estilo renacentista do quattrocento. Para ampliar información sobre esta obra e o conxunto pincha eiquí ou nesta outra.

Lorenzo Ghiberti, autorretrato en bronce




8 COMENTARIOS:

Anónimo dijo...

Guede:

Si pones el examen este jueves casi nadie aprobará. Pero, sin embargo, si lo pones después de semana santa la mayor parte de la clase sacara una buena nota.

Este tema es muy dificil y hay mucha materia

2º ESO TE LO PIDE

Anónimo dijo...

Profe

Y ademas falta lo de Flandres y Alemania...

Cambiolo te prometemos que todos aprobaremos el examen

Jose Luis Guede Losada dijo...

Estos temas non se debaten neste espacio, o seu medio é a aula e a voz representativa a do/a delgado/a co consenso de todos.
Esa decisión xa foi debatida e consensuada, o tema leva en marcha hai varias semanas e só se complica se se deixa para o final.
Espero que o feito de escribir como anómimo/a non leve consigo o calificativo de vago/a.

Anónimo dijo...

Nerea

Profe aos de 2º B non lles dis nada??

Anónimo dijo...

Profe Soy Nerea Aos de 2º B cando temos o exame?

Anónimo dijo...

Nerea Vamos a dar o de Alemaña e Flandres?

2ºE.S.O dijo...

É verdade profe, o tema que estamos vendo é moy, moy difícil, nunca demos un tema tan complicado coma este na clase, son moitas diapositivas, moito que aprender da escultura, da arte, e da arquitectura, moitas ´pocas e moitos nomes...
E de cousas do tema case xa nos esquecemos, polo para o día seguinte de Semana Santa sería un gran idea.Temos mais tempo para estudar e poder sacar millores nots, xa que todos/as temos interese por aprobar.
Grazas.

Jose Luis Guede Losada dijo...

Nerea, cada cousa ao seu tempo. Menuda preocupación, supoño que levamos o tema ao día, polo que non debera supoñer ningún trauma. Mañá temos clase e como dixen antes, cada cousa no seu momento e donde corresponde. Este lugar en principio é unha axuda para as clases, non para outro tipo de cousas, debatir si hai ou non proba escrita, oral, deberes, etc., etc., a información ten que ser para todos e no momento de clase.

Vaya trauma que ten "anónimo" con este tema que é tan difícil, aproveita o tempo en estudar en vez de queixarte tanto que así non solucionamos nada. Xa sei que todos queredes aprobar, pero eu quero que todos teñades hábitos de traballo e responsabilidade e a consecuencia de esto veñen os aprobados. Conclusión: aprobar non é a fin senon unha consecuencia dun traballo ben feito. Aprobar é fácil, o complicado é adquirir esos hábitos de esforzo e responsabilidade, en eso estamos e seguiremos avanzando.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER