miércoles, 25 de marzo de 2009

ARTE RENACENTISTA

Rematamos a parte de escultura renacentista, sen complicarnos demasiado, saber tres ou catro pinceladas e recoñecer algúns artistas e as súas obras inseridas nun espacio e nun tempo (p.e.: recoñecer a Ghiberti como escultor do renacemento no século XV e autor, entre outras, dos relevos das Portas do Paraiso do Baptisterio de Florencia), se engades algo "extra" como descubrir, diferenciar e explicar a técnica do schiacciato...fantástico.


A historia de José (Ghiberti)


Se ademáis recoñeces aos mecenas como protectores dos artistas, o lugar central que pasa a ocupar o home (e a muller) debido á influencia humanista (antropocentrismo, ¿lembras esta palabrota?) por iso os artistas queren triunfar sobre a morte e pasar á posteridade a través da fama firmando as obras, a inspiración clásica - grega e romana -, a recuperación das esculturas exentas (non como subsidiarias da arquitectura ou sometidas a ela), os nús e a beleza (física non psicolóxica como era intención dos gregos), e algúns que outros detalles máis comentados na clase, pois é de sobresaínte.
Para repasar tendes a presentación e algún video para ampliación ou reforzo de conceptos, espero que vos sirva. Noutra entrada presentarei algunha actividade para que poidades ir "entrenando".




Algúns videos sobre o renacemento.



SOBRE A PERSPECTIVA


2 COMENTARIOS:

Andrea B. dijo...

Boas, poderiasme dicir un exemplo co seu autor dalgunha escultura coa temática de nenos do Quatroccento?
Grazas. Un saúdo.

Jose Luis Guede Losada dijo...

Claro Andrea, algúns exemplos os visionamos na clase, pero para non complicar a unidade pasamos por alto e só fixemos unha referencia. Donatello foi un escultor que recuperou un tema romano frecuente, que eran os "putti" ou "nenos desnudos", en wikipedia atoparás información complementaria, o link é:

http://es.wikipedia.org/wiki/Putti

Como exemplos podes ver a Cantoría da Catedral de Florencia donde traballan dous escultores importantes, un é Donatello e outro Lucca della Robbia.

Nestes enlaces atoparás moitas obras de ambos artistas:

Donatello (selecciona as imaxes da cantoría):

http://commons.wikimedia.org/wiki/Category:Donatello

Lucca della Robbia:
http://commons.wikimedia.org/wiki/Category:Luca_della_Robbia

Espero que te sirva de axuda. Saúdos.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER