domingo, 1 de marzo de 2009

AS ORIXES

Moi preto do Colexio continúan as obras arqueolóxicas das fincas que lindan co muro leste do patio, isto serviume como excusa para iniciar a primeira entrada do blog lembrado que alá polo ano 1996, realizouse unha renovación no Centro que incluía entre outros espacios o patio. Alí descubríronse restos importantes de época romana e outros de menos valor de época medieval.

Na imaxe tomada polo aquel entón podedes apreciar os restos dun hipocausto (gre.: hypokauston e posteriormente do lat.: hypocaustum), un sistema de calefacción xa empregado polos gregos e que os romanos perfeccionaron para os seus edificios, especialmente nas termas.


Este sistema baseábase nas correntes de aire quente baixo o chan a través dunha cámara de aire (suspensurae), formada por pilastras de ladrillos sobre as que se colocaría o mosaico, segundo se pode apreciar na reconstrucción. Abaixo á dereita o forno (praefurnium).
Segundo se conta, este sistema foi deseñado polo enxeñeiro romano Sergius Orata hai máis de 2000 anos, ainda que non existen evidencias claras que corroboren este dato. No seguinte video podes apreciar o seu funcionamento e asúa relación co sistema actual de calefacción denominado solo radiante:
video

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER