sábado, 14 de marzo de 2009

CLIMA TROPICAL

A paisaxe tropical sitúase ao Norte e ao Sur da zona do clima ecuatorial.



  • As temperaturas son sempre elevadas aínda que as chuvias distinguen unha estación húmida e unha estación seca. No seguinte climograma apréciase a diferencia entre ámbalas dúas estacións.


              • O caudal dos ríos é moi variable: sofren grandes enchentes ma estación húmida e fortes estiaxes dutante a estación seca.

              • A vexetación máis característica é a sabana formada por herbas altas, arbustos e algunhas árbores espalladas. Unha destas árbores característica da sabana africana é o baobab (adansonia).

              Preme sobre a imaxe e atoparás máis información sobre esta curiosa árbore.

              1. Canto poden chegar a vivir as súas sementes?
              2. Cal pode ser a circunferencia do baobab?
              3. E a súa máxima altura?
              4. A que idade acada a madurez o baobab? Canto poden chegar a vivir?
              5. Cal foi a idade máxima acadada por un baobab?
              • Na sabana viven moitos herbívoros (elefantes, ñus, cebras...) e os seus depredadores (leóns, hienas, guepardos...)

              • Os pobos indíxenas practican o pastoreo (gandería extensiva) e a agricultura tradicional de autoconsumo.

              • Tamén abundan as plantacións (de cacao, café, cana de azucre, tabaco...) que pertencen a compañías estranxeiras, levando os beneficios e vendéndolles os seus produtos aos países ricos, sumindo na miseria aos paises produtores.


              Videos sobre as planicies:









              0 COMENTARIOS:

              Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

              ACLARANDO COUSAS

              Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

              Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
              para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

              DEIXÁRONSE CAER