lunes, 23 de marzo de 2009

A CRISE DE 1929

Seguimos coa terceira parte deste "culebrón", e entramos en materia con algo que seguro te ha sonar con forza, xa que existen numerosas similitudes coa actualidade que de seguido verás.

Unha das primeiras causas que os historiadores achacan ao crack do 29 foi entre outras a superproducción (poñer no mercado gran cantidade de productos moi por riba dos niveis socias de absorción dos mesmos).

Esta sobreproducción produciuse grazas á mecanización do campo, abonos químicos, boas colleitas, cultivo de novos territorios, todo isto fixo que se acumulase producción en stock, e xa sabes o que pasa cando aparecen no mercado máis cantidade de produtos que a demanda nun libremecado como o que propugnaba Adam Smith, pois que os prezos caen porque os mercados están saturados.

Por outra parte os salarios dos obreiros a pesar de recibiur subas, non lles chegaba para acceder aos produtos "suntuarios" (de non primeira necesidade) coma os electrodomésticos, automóbil, etc., e recurrían a créditos persoais porque tiñan un salario que respaldaba o pago.

EE.UU prestaba cuartos aos paises europeos para a súa reconstrucción e éstes empregaban eses cuartos en inversións ás veces de risco para especular co diñeiro e obter beneficios a curto prazo.

Esta especulación chegou tamén á Bolsa de Nova Iorque onde a abundancia de capitais e a facilidade para obter créditos favoreceu a inversión de moitos norteamericanos dos seus aforros en accións, ás veces a través de créditos. Se puñan á venda se obtiñan beneficios, así unha e outra vez, semellaba que todo ía vento en popa.

As elevadas taxas dos intereses (9-13%) dosprétamos a curto prazo fixo que os capitais dos bancos se desprazasen cara á Bolsa, coa conseguinte dificultade de obter novos créditos cos que as empresas financiaban as súas actividades (aumentaban os beneficios e o valor das súas accións). A Bolsa comezou a fallar e os inversores perderon enormes cantidades de diñeiro en dúas xornadas nefastas para a historia económica mundial, o xoves negro (24 de outubro do 1929) e o martes negro o famoso crack do 29 (29 de outubro do 1929).

A Bolsa de Wall Street tralo crack do 29



O afundimento da Bolsa provocou unha serie de consecuencias:

  • o sector bancario viuse afectado: perdeu parte dos seus investimentos realizados a moitos inversores que non eran capaces de pagar os créditos e por outra parte tivo que facer fronte ás retiradas de fondos de moitos clientes que tiñan medo a perder os seus aforros depositados nos bancos, ao que moitos bancos non pideron facer fronte xa que tiñan os seus fondos invertidos en Bolsa. Moitos pequenos bancos foron á quebra e con eles milleiros de aforradores, e os que sobreviviron, faltos de liquidez, tiveron que restrinxir a concesión de créditos e eliminar os capitais invertidos en Europa.

  • o sector industrial foi o seguinte en verse afectado, ao non dispor de liquidez, moitos consumidores reduciron as súas compras e froito desta baixa demanda as industrias reduciron a súa producción co conseguinte despido de obreiros e aumento do paro.

  • No sector agrícola pasou algo do mesmo coa ruina para os xa empobrecidos agricultores obrigados a vivir nunha economía practicamente de subsistencia, dando orixe a unha crise económica global, e EE.UU entraría na chamda Gran Depresión, tema que tratarei noutra entrada.

Esta foto de Dorothea Lange foi o icono da Gran Depresión

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER