jueves, 12 de marzo de 2009

HUMANISMO, REFORMA E RENACEMENTO

Déixovos os obxectivos, contidos e criterios de avaliación do tema que comezamos hai uns días atrás, e a presentación da parte correspondente a arquitectura renacentista.


OBXECTIVOS

Comprender as orixes, as principais características e a evolución do pensamento humanista.
Explicar a importancia da invención da imprenta de Gutenberg na difusión do Humanismo así como a contribución das academias e as universidades.
Entender as causas da reforma eclesiástica protestante.
Expor os principios básicos en que se fundamenta a Reforma luterana.
Diferenciar os principais aspectos das diferentes doutrinas reformistas.
Analizar a reacción da Igrexa católica e o proceso de Contrarreforma relixiosa.
Recoñecer a concepción da arte renacentista.
Comentar obras artísticas representativas do Quattrocento e o Cinquecento.
Identificar obras significativas do Renacemento en Flandres, Alemaña e Francia.Aprender a utilizar con precisión o vocabulario introducido neste tema.

CONTIDOS

O Humanismo.
Explicación da novidade introducida pola imprenta de Gutenberg e a súa contribución á difusión do Humanismo.
A Reforma relixiosa.
Localización nun mapa da difusión da Reforma.
Comparación da doutrina, o culto e a organización dos católicos, luteranos, calvinistas e anglicanos.
Exposición das razóns para o restablecemento da Inquisición española en relación coa loita contra os protestantes.
Enumeración das medidas disciplinarias adoptadas no Concilio de Trento.
A difusión da Contrarreforma.
Os cortesáns e os mecenas.
A concepción da arte do Renacemento.
O Quattrocento.
O Cinquecento.
A difusión do Renacemento en Flandres, Alemaña e Francia.Observación e análise das obras do Renacemento italiano.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Pescudar se recoñecen as características fundamentais do pensamento humanista.
Ver se valoran a importancia que tivo a imprenta na difusión do Humanismo.
Confirmar que distinguen as características das principais doutrinas reformistas: luteranismo, calvinismo e anglicanismo.
Observar se comprenden as medidas que impulsou a Igrexa católica para frear a expansión do protestantismo.
Constatar que explican as principais preocupacións da arte renacentista.
Verificar que recoñecen os artistas e as obras máis importantes do Quattrocento e o Cinquecento.Comprobar que establecen as similitudes e diferenzas entre o Renacemento italiano e a arte deste período noutros países europeos .


9 COMENTARIOS:

andrea.b dijo...

Moi interesante.
pareceme moi boa idea que un profesor faga cousas novas e modernas para o aprendizaxe.

Jose Luis Guede Losada dijo...

Moitas grazas. En ocasións non é por falla de vontade, senon de tempo. Tentaremso facelo o mellor posible, e se serve de apoio para a aprendizaxe o obxectivo queda máis que cuberto. Saúdos.

Anónimo dijo...

Poderiasme dicir propostas de traballo

2ºeso B

Anónimo dijo...

Poderiasme dicir propostas de traballo para o tema de arquitectura renacentista?

pablo dijo...

pablete sampayo esto foi unha ba manerira de aprendizaxe e unha nova forma de aprender gustame sigue con esto e arovarei seguro je je je mejor dito intentareino

Jose Luis Guede Losada dijo...

Para anónimo de 2ºB (intentade identificarvos para saber a quén me dirixo), unha proposta que reforce e amplíe os contidos podería ser: "características da arquitectura renacentista e a importancia da perspectiva".
Outra proposta que considero máis interesante e potencia o coñecemento do máis próximo: "a arquitectura renacentista en Galicia e Ourense".
Podedes empregar o clásico sistema de sempre ou realizar unha presentación de power point orixinal.

Jose Luis Guede Losada dijo...

Pablo, alégrome que te motive este sistema, todo suma se ao final serve para mellorar e o que tí dis, para aprender e espertar a vosa curiosidade. Estou convencido de que aprobarás a consecuencia do teu interese. Saúdos.

Lara dijo...

Lara,paréceme moi ben o feito de que o profesor faga un blog onde se poñan propostas de traballo, contidos máis importantes dos temas que estamos a tratar na clase, videos que xa se puxeron na clase, poder volvelos a ver e coller as características máis importantes ou se non che deu tempo a coller algún apunte na clase, podelo coller.
Saudos.

Jose Luis Guede Losada dijo...

Grazas Lara. Esa é a intención de que esto sexa un lugar de intercambio, espero que non sexa para facer as cousas que debemos facer na clase, esto é como reforzo ou complemento para repaso, espero. Hoxe faltaxes, ¿todo ben?, cando volvas levarás unha agradable sorpresa seguro. Saúdos á familia

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER