lunes, 30 de marzo de 2009

A ITALIA FASCISTA

O fascismo xorde en Italia e desenvólvese entre o 1922 e o 1943 conducido por Benito Mussolini.

Mussolini crea os fascii italiani di combattimento (os camisas negras).

Camisas negras camiñando con Mussolini

Os fascios atacaban aos políticos de esquerdas e boiciteaban folgas e manifestacións sindicais e obreiras, en ocasións baixo a pasividade das forzas da orde pública e co agrado dos empresarios e grandes terratenentes.

O seu ascenso ao poder podémolo resumir:
  1. Os tratados de paz asinados trala IGM causaron no pobo italiano un sentimento de humillación a pesar de formar parte dos países vencedores xa que se lles outorgou unha mínima parte das reivindicacións territoriais prometidas polos Aliados.

  2. As dificultades económicas da posguerra e as consecuencias atemorizaron á burguesía que financiaron aso fascios para impoñer a orde e deter as folgas.

  3. Debilidade do poder político en Italia que conlevou unha intervención dos camisas negras realizando unha Marcha sobre Roma coa intención de establecer un goberno dirixido por Mussolini.

Marcha sobre Roma


En novembro do 1922 o Parlamento concédelle plenos poderes, grazas ao apoio do exército, os partidos conservadores e parte da burguesía agás do rei Victor Manuel III que rexeitou asinar a declaración de estado de sitio coa que se pretendía acabar coa insurrección fascista, sendo o mesmo rei quen chame a Mussolini para formar goberno.


4. En 1925 Mussolini estableceu unha ditadura persoal e o réxime totalitario.


ORGANIZACIÓN DO ESTADO FASCISTA

  • O réxime estaba presidido por Mussolini, xefe do goberno, xefe do partido fascista e Duce dos italianos (guía, mesías).

Benito Mussolini


  • A súa actuación non estaba suxeita á ningún tipo de responsabilidades.
  • Declara ilegais todos os partidos políticos agás o Fascista, establece censura de todos os medios de comunicación, controla o exército, a administración e o ensino.


  • Controla o proceso electoral encargándose de elaborar listas únicas con candidatos establecidos para a Cámara de Deputados que tiña a función de aprobar os Decretos Lei remitidos polo Duce, que no 1938 reducirase a un organo simplemente consultivo.

  • No económico presenta a súa maior singularidade, o corporativismo, que coordina a libre iniciativa da empresa privada coa intervención estatal. Autoriza só os sindicatos fascistas, declara ilegais as folgas e manifestacións así como os peches patronais.
  • Pon en marcha unha serie de plans económicos cos que pretendía estimular a producción e reducir a dependencia do exterior coñecidos na propaganda fascista italiana como batallas: a do trigo (co obxectivo de acadar o autoabastecemento), a da lira (acadar unha moeda forte e con peso internacioal) e a dos nacementos (coa finalidade de aumentar a poboación).

  • Desenvolve un ambicioso plan de obras públicas coas que se pretendía reducir o paro.



Un exemplo de mesianismo, dirixismo, control total do individuo e propaganda (coidado dos xestos, prepotencia, etc.) amósase neste video´, momento histórico no que Mussolini anuncia a declaración da IIGM á poboación. Non ten desperdicio, a pesar de estar en italiano enténdese bastante ben.





A pesar de ter o apoio da igrexa, nesta ocasión o Papa Pío XI condea a lei antisemita (contra os xudeos) de Mussolini.




Para rematar, Mussolini conseguiu rematar cun dos problemas que tiña Italia pendente dende a súa unificación: a cuestión romana en relación ao recoñecemento mútuo entre o Estrado italiano e o Papa. No 1929 asináronse os Pactos de Letrán polos que Italia recoñecía a soberanía do Papa sobre o Vaticano.

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER