jueves, 12 de marzo de 2009

O PERIODO DE ENTREGUERRAS. 1919-1939

OBXECTIVOS

1. Coñecer a caída do tsarismo e describir a toma do poder na xornada revolucionaria de outubro e como se construíu a construción do primeiro estado socialista.
2. Comprender o proceso de formación da URSS e o ascenso de Stalin ao poder.
3. Recoñecer e valorar os logros sociais e políticos da muller do século XX.
4. Analizar as causas que provocaron o crack bolsista de 1929 e o desencadeamento da depresión económica xeneralizada.
5. Describir os factores que explican o ascenso dos réximes totalitarios en Alemaña e Italia.Identificar e criticar a ideoloxía do fascismo italiano e nazismo alemán.


CONTIDOS

1. Análise das causas do proceso revolucionario ruso: da aristocracia tsarista á revolución do outubro.
2. Exposición da guerra civil (1918-1921) e a creación da URSS.
3. Identificación dos aspectos máis significativos do estalinismo.
4. Estudo da prosperidade económica de Estados Unidos na década dos anos vinte.
5. Enumeración e valoración do novo papel político e social da muller no século XX.
6. Análise do crack da Bolsa en 1929 á Gran Depresión.
7. Enumeración dos principios básicos do New Deal.
8. Exposición das causas que permitiron o ascenso do fascismo.
9. Identificación da ideoloxía do fascismo italiano.
10. Explicación da instauración do nazismo en Alemaña: da república de Weimar ao ascenso do nazismo ao poder.
11. Identificar a ideoloxía e a política levada a cabo polo III Reich alemán.
12. Interpretación de gráficos para estudar a evolución económica do período.
13. Rexeitamento de calquera tipo de totalitarismo político, da intolerancia e da discriminación dirixida contra persoas ou grupos sociais.
14. Visionamento de películas sobre métodos de produción de EUA nos anos 30.


CRITERIOS DE AVALIACIÓN


1. Ver se recoñecen os acontecementos previos á revolución de outubro de 1917 e as pri-meiras medidas adoptadas polos bolxeviques tras a toma de poder.
2. Constatar que explican as medidas implantadas por Stalin para asegurar o desen-volvemento económico e o control social da URSS.
3. Verificar que elaboran un esquema sobre as causas que desencadearon a Gran Depre-sión .
4. Comprobar se explican os principios en que se baseaba a ditadura fascista de Benito Mussolini.
5. Observar se recoñecen os principais elementos da ideoloxía nacionalsocialista e as me-didas que levou a cabo o III Reich para defender o seu modelo de sociedade .
6. Pescudar se explican os obxectivos e os logros dos movementos sufraxistas das primei-ras décadas do século XX.

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER