lunes, 23 de marzo de 2009

OS FELICES ANOS 20_2ª PARTE

A IGM non supuxo para os EE.UU un desastre económico e humán como para o resto dos países en guerra. Como xa dixen, convertiuse na principal potencia do mundo e este potencial aumetnará pola demanda de suministros aos Aliados e polo dominio do mercado mundial ao verse libre da competencia dos estados europeos e ao mesmo tempo o principal acreedor económico mundial.

Trala IGM os sucesivos presidentes republicanos (Harding, Coolidge e Hoover) manterán ao país nunha situación de illamento, afastado dos compromisos internacionais (lembrar a Tratado de Versalles e a SDN fallida do presidente Wilson. Este illamento excluía a Latinoamérica, os norteamericanos cren que teñen a tarefa de gardán de América Latina e non deixan de intervir co envío de tropas e mediando nos asuntos dos países do Caribe sobre todo.

Esta vontade de illamento viuse reforzada polo triunfo da revolución bolxevique, a extensión do socialismo, o anarquismo e o sindicalismo creando un sentimento de perigo na sociedade burguesa norteamericana. O resultado foron medidas ideolóxicas consrvadoras e puritanas tales como:
  • Represión do movemento obreiro e persecución de comunistas e anarquistas (de este periodo foi a famosa execución dos anarquistas Sacco e Vanzetti acusados dun crime que non cometeran).

    Sacco e Vanzetti

  • A Lei de Cotas de 1921, que regula a entrada de inmigrantes (sobre todo eslavos e latinos).

  • Refundación do Ku Klux Klan asociación que defendía os ideais puritanos e conservadores da ideoloxías WASP, blanco, anglo-saxón e protestante.

Membros do Ku Klux Klan

Foto policial de Al Capone

No terreo económico, os anos vinte en EE.UU foron os Felices Vinte, prosperidade económica e consumismo en masa. Incremento da producción que leva a un consumo en masa. Isto foi posible aos progresos técnicos introducidos na fabricación dos productos por Ford - fordismo - e Taylor -taylorismo - (lembrar o tema 3, racionalización das tarefas, estandarización dos modelos, cadeas de montaxe, abaratamento dos custos, aumento da productividade por traballador...), vinculados sobre todo aos produtos relacionados coas novas industrias xurdidas trala II Revolución Industrial (industria química, de bens de consumo - neveras, radios, etc. - e sobre todo a automobilística. Lembra ademáis que nestos momentos para estimular o consumo se desenvolve a industria da publicidade, os grandes alamcéns, concesións de créditos a plazo e a industria do ocio (cine, espectáculos, deporte, etc.), así xa podemos entender estos momentos de felicidade e euforia.

Imaxe dunha rúa comercial na cidade de Los Ángeles cara ao 1919

Neste contexto se desenvolve o American Dream, o Sono Americano, aparecen novos ricos que xorden da nada e acaban acumulando grandes capitais nas súas mans agrandando o mito do Rockefeller, coméntase que na actualidade a súa fortuna superaría os 200 Billóns de dólares -200.000.000.000.000$, algo así como 14.682.380.998.623.401de € -, por poñer un exemplo de ricos en tempos de crise, estímase que o español máis rico é o banqueiro Emilio Botín e estímase a súa fortuna en 400.000 millóns de €, 14 billóns 200.000 € menos que Rockefeller (cecáis o home máis rico da Historia??).

O rico dos ricos, John Davison Rockefeller

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER