domingo, 29 de marzo de 2009

OS SISTEMAS FASCISTAS

Estamos a piques de rematar o tema correspondente ao período de entreguerras e xa deixamos atrás a revolución rusa e os anos 20 xunto á crise económica que tivo o punto álxido no crack do 29. Desta volta imos a comentar algo sobre os fundamentos ideolóxicos dos sistemas fascistas, pero antes trataremos algúns termos que a pesar de ter moitos elementos comúns convén facer matices, éstes son: dictadura, fascismo e totalitarismo.

Denomínase ditadura a tódolos rexímenes políticos nos que o poder se concentra nunha soa persoa (dictador) ou institución, non se garanten os dereitos individuais e tampouco a pluralidade política. O termo vén do latín (dictatura) e o nome dun dictador romano, Cincinato, é a orixe do topónimo da cidade norteamericana Cincinatti. Podemos decir que é unha dictadura todo sistema non democrático.

Charles Chaplin nunha escea da película O gran dictador

O totalitarismo sería unha ideoloxía ou réxime político que se caracteriza polo control absoluto do individuo por parte do Estado, coa existencia dun partido único (partido de masas) pefectamente organizado, control e represión aos inimigos do réxime, control total da economía por parte do Estado e forte apoio do exército, empregan a propaganda sistematicamente. A URSS de Stalin ou a Alemaña de Hitler son exemplos de sistemas totalitarios.

Fotomontaxe de Stalin e Hitler


O termo fascismo pode admitir diferentes acepcións, o termo que provén do latín fasces, e nun sentido estricto foi o réxime político existente en Italia entre 1922 e 1943, baseado na existencia dunha dictadura unipersoal, na presencia dun partido único de masas, exaltación nacional e na organización dun Estado de carácter corporativista, e nun senso máis amplo, denomínanse fascismo a todos os rexímenes políticos ou doutrinas de dereitas que teñen por obxecto substituir un réxime democrático por outro autoritario e nacionalista.

Benito Mussolini nunha concentración fascista en Xénova

A pesar das diferencias, podemos establecer unha serie de elementos comúns para o Fascismo e o Nazismo.

  1. O Estado por riba de todo: o estado identificado como patria e nación, todo debe estar sometido ao estado.
  2. Antidemocracia, nega as institucións democráticas coma o parlamento, a pluralidade de partidos políticos (só un partido fascista ou nazi) o sufraxio, etc.
  3. Supremacía das élites, recoñece as desigualdades dos individuos e xerarquiza a sociedade en grupos superiores e inferiores que debe ser gobernada por una minoría, unha élite, os mellor preparados.
  4. Mesianismo, un lider indiscutble, xefe supremo Duce, caudillo ou Führer, que sempre ten razón e é venerado exercendo o culto á súa persoa.
  5. Control ideolóxico e cultural, manipulando, facendo uso da propaganda, deseñan a educación dos xoves, etc.
  6. Xustificación da violencia institucioal sobre todo contra os opositores.
  7. Autarquía e dirixismo económico, proteccionismo.
  8. Expansionismo, os fascismos desenvolven unha política expansionista, a teoría do espacio vital.

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER