viernes, 20 de marzo de 2009

A PRIMAVEIRA NA ARTE

Aproveitando o momento en 2º de ESO e xa que comezamos a arte renacentista, un dos cadros que mellor encaixan tal día coma hoxe é a Primaveira do artista florentino Sandro Botticelli, unha das obras máis coñecidas deste autor xunto ao Nacemento de Venus.


A primaveira de Sandro Botticelli


Representa unha alegoría da primaveira a través da interpretación mitolóxica e dentro do ambiente humanista da época.

Ao remate do renacemento xorde unha corrente chamada marierismo, seguro que terás oido falar do Greco, un dos artistas representativos de este estilo, e ao remate do tema te sonarán con forza outros artistas do mesmo movemento artístico coma Parmigianino, Correggio, Tintoretto ou Veronés.

Dentro de este estilo que perdurará dende finais do Renacemento ata principios do Barroco, atopou un espazo propio un artista peculiar que sempre me chamou a atención pola imaxinación e creatividade á hora de realizar as súas composicións, olvidado durante moitos anos e que redescubriu para o mundo da arte no século XX Salvador Dalí, falo do artista italiano Giuseppe Arcimboldo, que entre a súa serie de retratos deixounos esta curiosa primaveira.


A primaveira de Arcimboldo

Para rematar, non pode faltar neste día unha das obras asociadas á chegada da primaveira escrita por un dos músicos destacados do Barroco, Antonio Vivaldi. A primaveira é un dos catro concertos para violín e orquestra que vos deixo nun video para ambientar a entrada de hoxe.



0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER