lunes, 27 de abril de 2009

4º ESO: NACIONALISMO GALEGO E CASTELAO

Non podía deixar o tema sen facer referencia a Castelao. A finais do XIX xurdíu unha corrente ideolóxica que atisbaba a persaonalidade nacionalista galega que completaba as ideas máis románticas do Rexurdimento e os provincialistas (Camino, Añón, Pintos, Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez ou Lamas Carvajal).




Rosalía de Castro


No 1889 Alfredo Brañas falaba por aquel entón das dúas patrias, a común e a rexional, iniciando o rexionalismo xunto a Manuel Murguía, reclamando a autonomía para Galicia -isto é, o dereito dos galegos a gobernarse a sí mesmos -, a erradicación do caciquismo e a cooficilaidade do galego, entre outras medidas para paliar o atraso económico de Galicia. As primeiras asociacións do galeguismo coma a Asociación Rexionalista Galega ou a Liga Galega da Coruña tiveron unha vida curta e unha pobre acción política.


Sepulcro de Alfredo Brañas no Panteón de Galegos Ilustres, Santiafgo de Compostela



Neste contexto, as Irmandades da Fala (Antón Villar Ponte - propón a intervención do nacionalismo na política-, Vicente Risco - mási moderado propón a acción cultural-, Otero Pedrayo, etc.), defenderon a autonomía integral para Galicia.


Estatua de Otero Pedrayo na Paza do Correxidor, Ourense



Durante a ditadura de Primo de Rivera o nacionalismo galego tivo que pasar á clandestinidade e cesar a súa actividade pública centrándose na cultura. No 1920 publicouse na nosa cidade o primeiro número da revista Nós, dous eran os seus cometidos principais, por un lado descubrir e potenciar a identidade galega e por outro acercar as novas ideas que xurdían en Europa e achegando as dúas culturas que se consideraban máis próximas á galega: a irlandesa e a portuguesa. Ao ser unha revista eminentemente galega, Vicente Risco que foi o director literario quixo dotala de unha imaxe típica, polo que designou a Castelao o responsable artístico e o lugar de impresión foi precisamente na imprenta do diario La Región e a partir do 1925 trasládase a impresión a Santiago de Compostela.



portada da revista Nós



A ditadura de Primo de Rivera suspendeu a súa publicación e retomouse no 1925. O derradeiro número foi pouco antes de rpoclamarse a ditadura militar do 1936 que non se chegou a publicar debido á queima da imprenta de Anxel Casal (tan só se conservan dous números).


Castelao é unha das figuras salientables do nacionalismo galego, un dos primeiros membros das Irmandades da Fala, e un dos membros activos do galeguismo (no 1931 intégrase no Partido Galeguista). Vivíu os primeiros anos do franquismo no exilio onde levou a cabo unha intensa actividade en prol do goberno da República. O seu ideario político quedou reflectido na obra Sempre en Galiza. Castelao foi ademáis o primeiro caricaturista en Galicia e España. A través das súas satíricas caricaturas pódese facer un estudo sociolóxico da sociedade galega de principios de século, este será o motivo do seguinte post, onde farei unha proposta de traballo e unhas activides de ampliación.




Castelao



ACTIVIDADES:


1.- Consulta a seguinte páxina web e responde ás preguntas:




  • Cales eran os principais obxectivos das Irmandades de Fala?
  • En que publicación difundiron as súas ideas?
  • Quen foi Afonso Daniel Rodríguez Castelao?

2.- Observa a seguinte imaxe e responde:


O león domesticado polo sapo



• Que metáfora representa Castelao neste debuxo?
• Por que utiliza Castelao o recurso do sapo?

No caso de que non sexas quen de atopar a solución pinchando aquí terás unha boa axuda


3.- Podes realizar un traballo de investigación (en formato PPT) sobre o medio ou o espazo onde se desnvolven as esceas, tipos de persoaxes (poderíase facer un esquema/organización xerárquica da sociedade galega a través das caricaturas de Castelao), a temática, quen fala castelán nos seus debuxos e cal é a intención de Castelao, qué tópicos se recollen nas súas caricaturas (peiteados, sombreiros, calzado, vestimentas, et.) Pinchando aquí atoparás unha ampla colección de caricaturas.

4.- Neste post, acompaña a imaxe da escultura a Ramón Otero Pedrayo na praza do Correxidor, saberías dicir en que lugar de Ourense se atopa a escultura en homenaxe a Castelao? Que outras imaxes de escritores ilustres hai pola cidade e en que lugares as podemos visitar?


19 COMENTARIOS:

Anónimo dijo...

Castelao intentou mover fios para que en Galiza fora oficial a lingua galega, e na imaxe mostrase o sapo ( Castelao ) fronte á sociedade ( o león )

Anónimo dijo...

daniel y clau
forte contra o débil, pero agora é o forte o que se volve débil. Trátase dunha metáfora do pobo forte e unido, representado polo león, e dominado (domesticado) por unha soa persoa, que sería o sapo.

Anónimo dijo...

2a)representa que os das clases altas dominan aos campesiños(clases baixas).Almu y Lucía

Anónimo dijo...

1.a)protexer a lingua galega e enaltecer a cultura galega
b)"O boletín, o vocerio do ideario das Irmandades da Fala en Galicia e nas colonias galegas de América e de Portugal"
c)clásico da literatura galega en tódolos xéneros que cultivou: novela, teatro, narrativa breve e ensaio político

2.a)os pequenos da sociedade(listos) domestican aos grandes(pobo)
b)porque é débil e pequeno
4.na calle colón
Jorge y Juampe

Anónimo dijo...

2b)porque era o que se vivia na sociedade dese momento.Almu y Lucía

Anónimo dijo...

antia e uxia
2.

a) os cultos aínda q sean débiles dominan a aqueles q se creen superiores ainda q os seus coñecementos non o demostren. e se crean fortes.

Anónimo dijo...

Brais y Joel:
5-a)Reducir o poder economico e social da igrexa
b) Grande cantidade de intereses;oposicion das cortes.
c)Redución do desproporcionado numero de oficiais, desaparición do Consello Superior de Xustiza Militar,inversión en novos equipamentos.
________________________________________________

2)
6-a)Valentín Paz Andrade, Alexandre Bóveda, Vicente Risco, Lois Tobío e Ricardo Carballo Calero.
b)II República
c)Decembro de 1932
d)O apoio do 77% dos concellos galegos, que representaban o 84,7% da poboación.
e)Por culpa da Guerra Civil.
________________________________________________

2- a) Quere dicir que os fortes, é dicir o pobo, está sendo dominado por unha soa persoa que sería o sapo.
b) Porque o sapo produce aversión e noxo, como o que il sente polas persoas que se caracterizan desa maneira.

Jose Luis Guede Losada dijo...

Algúns andiveron preto da resposta, aínda que faltou indagar e profundar algo máis, cecáis foi a falta de tempo.

–Que metáfora representa Castelao...?

É un humor baseado nos contrapostos, como o forte contra o débil; mais agora é o forte o que se volve débil. É unha metáfora do pobo, forte e unido, representado polo león, é dominado ou domesticado por unha soa persoa, o sapo.

Castelao emprega o recurso do sapo porque é un animal que, aínda que é pequeno e débil, produce aversión e noxo, as mesmas sensacións que ten Castelao ante as persoas que intenta caracterizar deste xeito.

Anónimo dijo...

Ana Rodríguez e Xabier
Castelao quere representar ao forte e ao débil, agora o forte (león) é o máis débil (sapo). é unha metáfora do pobo forte e unido.

Anónimo dijo...

-el fuerte contra el débil, pero ahora es el fuerte el que se vuelve débil.Representado por el león, y dominado (domesticado) por una sola persona, el sapo.

-Este recurso está muy pensado ya que el sapo es un animal que, aunque es pequeño y débil, produce aversión y asco, las mismas sensaciones que causan los dominadores.

Anónimo dijo...

Grupo 4 Belén G.Martínez y Belén G. Calvo
2a-con esta metáfora Castelao intenta facernos ver que o máis débil(sapo)é capaz de dominar ao másis forte(león- o pobo).
2b- Emprega o sapo para elaborar un símil entre o noxo que produce este animal cos dominadores. Porque aínda que é pequeno e débil é capaz de dominar ao máis forte.

Anónimo dijo...

abraham, ana , antela Mª
-el fuerte contra el débil, pero ahora es el fuerte el que se vuelve débil.Representado por el león, y dominado (domesticado) por una sola persona, el sapo.

-Este recurso está muy pensado ya que el sapo es un animal que, aunque es pequeño y débil, produce aversión y asco, las mismas sensaciones que causan los dominadores.

Grupo 3: nº 5 y 6 (4º A) dijo...

NACIONALISMO GALEGO E CASTELAO:

1.- As Irmandades da Fala creáronse para a defensa e dignificación do idioma. As primeiras Irmandades creáronse na Coruña no 1916. Para difundir o seu ideario editaron unha publicación periódica totalmente en galego: A Nosa Terra. Os seus membros máis salientables foron os irmáns Vilar Ponte, Vicente Rísco, Ramón Cabanillas, etc.
2.- Na publicación A Nosa Terra.
3.- É un clásico da literatura galega en tódolos xéneros que cultivou: novela, teatro, pequena obra ensaística... Castelao paricipou activa e directamente na política do país (foi deputado da República nas filas do Partido Galeguista).

IMAXE CASELAO: O león domesticado polo sapo.

1.- É unha reflexión do propio Catelao que compara ó débil e ó forte, emprega o humor baseado en contrapostos. Trátase dunha metáfora do pobo forte e unido, representado polo león e dominado e domesticado polo sapo.

Andrea Baross/ David Carro. dijo...

1-As Irmandades promoveron a elaboración de diccionarios e gramáticas,de estudios linguísticos e promoveron o galego na Administración e no ensino.
potenciación da actividade editorial nas principais cidades galegas: Céltiga en Ferrol, Lar na Coruña,Alborada en Pontevedra... Apareceu a revista Nós.

- Na revista Nós.

-Afonso Daniel Rodríguez Castelao foi un dos membros da revista Nós. É un clásico da literatura galega en tódolos xéneros que cultivou: novela, teatro, narrativa breve e ensaio político.

2- É unha reflexión de Castelao na que emplea una humor basado no forte contra o débil. é unha metáfora do pobo forte e unido, representado polo león domesticado polo sapo.

- Porque aínda que é un animal pequeno e débil, prodice aversión e noxo, as mismas sensacións que causan os dominadores.

Anónimo dijo...

Actividades:
1-Cales eran os principais obxectivos das Irmandades de Fala?
Traballo a prol do pobo galego e no fomento agarimoso da lingua e no estudo dos nosos problemas económicos.
A cooficialidade do galego e mais do castelán e o control sobre os ferrocarrís e a banca.

-En que publicación difundiron as súas ideas?
Na revista A Nosa Terra.

-Quen foi Afonso Daniel Rodríguez Castelao?

Foi un ilustrador da vida galega e participou no grupo Nós, era un apaixonado e activolíder político en pro da autonomía para Galicia e da resolución dos problemas sociais e económicos da súa benquerida patria galega.

Andrea Mariño e Aldara Méndez.

Anónimo dijo...

1) Cales eran os principais obxectivos das Irmandades de Fala?

-Autonomía integral para Galicia.
-Autonomía municipal.
-Ingreso de Galicia na Liga das Nacións.
-Federalismo con Portugal.
-Cooficialidade linguística.

2)En que publicación difundiron as súas ideas?

A través dun xornal en galego, chamado A Nosa Terra.

3)Quen foi Afonso Daniel Rodríguez Castelao?

Foi un político, pintor, médico( só o estudou por amor ao seu pai pero non o exercia por amor a humanidade), debuxante e sobre todo destacou por ser escritor. Tamén foi un dos pais do nacionalismo galego.

4) Que representa Castelao neste debuxo?

Representa a debilidade e a fortaleza, o débil vólvese forte e o forte débil.
Aquí o león representa o que se volve débil pero que sería o forte e representa ao pobo. O sapo representa a fortaleza pero enrealidade é o ser débil, o que está dominado.

Porque utiliza Castelao o recurso do sapo?

Porque así representa que o débil e dominado pode volverse forte e dominar ao que xa era forte.

Anónimo dijo...

1. As irmandades da fala elaborarón diccionarios e gramaticos,reivindicaron apresenza do galego na administracion e no ensino. promoveron a actividade editorial e apareceu a revista NóS.

2.A revista Nós.

3.Castelao é un clasico da literatura galega en todos seus xeneros.Ten unha gran significación politica plasmada en todas as suas obras.


2) é unha metafora do pobo fortemente unido representado polo león e dominado polo sapo.


Pedro y María

David y Bea dijo...

O comentario sen nome é de Davi e Bea.

Anónimo dijo...

Pois Castelao quere representar que os débiles unidos tamén poden dominar os fortees

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER