sábado, 11 de abril de 2009

4º DE ESO_ACTIVIDADES

Para repasar o tema que temos pendente en 4º, propoño unhas actividades para que vos entreteñades un pouco e sexa de paso un apoio.

1.- Ordea os seguintes feitos relacionados coa Revolución Rusa:

A - Formación dos soviets.
B - Sinatura do Tratado de Brest-Litovsk.
C - Primeiro goberno comunista.
D - Decretos sobre a repartición de terras.
E - Asalto ao Palacio de Inverno.
F - Formación dun goberno provisional.
G - Abdicación do tsar Nicolás II.
H - Primeira revolta de obreiros e soldados


2.- Le os eguinte texto e responde ás cuestións sobre a época de Stalin:


"A tarefa esencial do plan quinquenal consistía en transformar a URSS nun país industrial, para eliminar ata o final os elementos capitalistas, estender a fronte das formas socialistas da economía e crear unha base económica para a supresión das clases na URSS, para a construción dunha sociedade socialista. (...)

A tarefa esencial do plan quinquenal consistía en facer pasar a pequena economía rural parcelada á vía da gran economía colectivizada, asegurar deste xeito tamén a base económica do socialismo no campo e liquidar así a posibilidade de restauración do capitalismo na URSS."

Informe de Stalin sobre o Plan Quinquenal. 1933

a. Que eran os plans quinquenais? Cales eran os seus obxectivos?
b. En que se diferencia a economía capitalista da colectivista?
c. Que transformacións se produciron na economía soviética tralas reformas de Stalin?

3.- Observa a imaxe da caida da Bolsa de Wall Street.


Enumera as causas e as consecuencias deste fenómeno.

4.- Pincha no seguinte enlace e responde ás cuestións:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Sufraxio_feminino

a.- Cales eran os obxectivos dos movementos polo sufraxio feminino?

b.- En que países xurdiu este movemento por primeira vez?

c.- Que feito curioso ocorreu no 1776 en New Jersey (EUA)

d.- Que países foron os primeiros en conceder o sufraxio feminino? E os últimos? En que anos.

e.- Indica algúns estados onde as mulleres non teñen dereito ao voto.

f.- Finalmente, en que ano acceden as mulleres españolas ao sufraxio?


5.- Responde as seguintes preguntas sobre a ditadura nazi:


a.- Cales eran os principios da ideoloxía nacionalsocialista?

b.- Que medidas implantou a ditadura nazi para perseguir á oposición?

c.- Completa unha táboa cos seguintes obxectivos do III Reich:

  • Política económica.
  • Política militarista

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER