domingo, 26 de abril de 2009

GUERRA CIVIL: PARTE I

O ano 1939 pasou á historia coma o ano no que rematou a Guerra Civil e a do comezo da II Guerra Mundial, por cinco meses exactos ambos conflictos non coincidieron.

A Guerra Civil española comenzou co alzamento o 17 de xullo do 1936 dalgúns mandos do exército contra o réxime da II República. Foi o Xeneral Francisco Franco quen liderou o bando sublevado ata a finalización da contenda, quedando coma Xefe do Estado Español ata a súa morte no 1975.




Franco e outros xenerais coma Mola, Queipo de Llano ou Goded apoderáronse dos gobernos civís e os concellos nun intento de acabar co goberno do Frente Popular de Manuel Azaña e Santiago Casares Quiroga. Nesta páxina podes ampliar informacións sobre os lugares onde triunfou a sublevación e nos que fracasou a rebelión e responde ás cuestións:


- En que lugares foi maior o fracaso da sublevación?
- A que foi debido o fracaso dos sublevados en moitas rexións peninsulares?
- Que nome recibiu cada unha das zoas nas que quedou dividida España?
- Cal dos dous bandos tiña un exército mellor preparado?


O inicio da guerra tivo repercusións internacionais xa que dende fora víase coma un enfrontamento entre democracia e fascismo, unha especie de quecemento do que en poucos anos serían as forzas enfrontadas na IIGM.

Franco contou de inmediato co apoio de Hitler (aviación, Lexión Cóndor, a "flor e nata" da aviación alemá) e Mussolini (tropas de voluntarios). A aviación alemá foi a causante do terrible ataque aéreo de Guernica, para saber máis sobre un dos iconos máis famosos de Guernica explora aquí o famoso cadro de Picasso e descubre a súa simboloxía e a verdadeira razón da barbarie alí cometida.



Francia e Gran Bretaña optaron por unha política de neutralidade (Comité de non intervención, pacto que decidíu non facilitar armas nen homes a ningún dos bandos enfrontados na guerra civil española).


Esta non intervención perxudiocu á República que tan só recibíu o apoio da URSS e México. Esta posición dos distintos gobernos non impedíu a solidariedade internacional co bando republicacno a través das chamadas Brigadas Internacionais.

- De que famoso presidente norteamericano tomou o seu nome o 3º batallón da XVª Brigada?
- Que importancia tivo este batallón en EE.UU?
Con dúas zonas enfrontadas ben diferenciadas deixamos esta primeira parte do tema da Guerra Civil. A sociedade daquel entón en guerra pasou medo e moitas penurias tanto nun bando coma noutro, as balas, os bombardeos, os refuxiados, os milicianos, o traballo da muller, a fame, a escola, os medios de comunicación, as condicións de vida en definitiva son cuestións que trataremos a través do traballo de recollida oral que está en marcha.

8 COMENTARIOS:

Bea dijo...

1)En que lugares foi maior o fracaso da sublevación?

O golpe fracasou en: Asturias, Cantabria e parte do país Vasco, Madrid (que foi o máis grande)e en Barcelona.

2)A que foi debido o fracaso dos sublevados en moitas rexións peninsulares?

A factores como as deudas ou a resolución dos sublevados e as autoridades encargadas de reprimir o golpe.

3)Que nome recibiu cada unha das zoas nas que quedou dividida España?

Zona nacional e zona republicana.

4)Cal dos dous bandos tiña un exército mellor preparado?

A zona nacional.

5)De que famoso presidente norteamericano tomou o seu nome o 3º batallón da XVª Brigada?

De Lincoln.

Grupo 3: nº 5 y 6 (4º A) dijo...

Guerra civil parte 1:

1- O golpe fracasou en Asturias, Cantabria e parte do País Vasco, donde o PNV colaborou finalmente coa República, Cataluña, Levante, Madrid, Castilla a Mancha, Murcia e a zona oriental de Andalucía. Os fracasos máis graves producíronse en Madrid e Barcelona.

2-En Madrid entregáronse armas ás milicias obreiras e en Barcelona houbo unha inusual colaboración por parte dos obreiros da CNT coa garda Civil e de asalto. En xeral, apenas tivo respaldo popular e baseouse nas forzas militares insurrectas.

3-Zona nacional: exército moito máis preparado. Castilla, Galicia e Andalucía.
- Zona Republicana: rexións industriais. As unidades do exército quedaron desarticuladas. A armada e a aviación quedaron nas mans deste bando.

4- A zona Nacional.

Anónimo dijo...

Belén G. Martínez y Belén G. Calvo. Grupo 4.

Guerra civil: PARTE I
-O maior fracaso foi en Madrid e Barcelona. Outros desastres foron:
País Vasco, Asturias, Cantabria, Castilla la-Mancha, Cataluña, Levante, Murcia, sur de Andalucía.

-Fracasou polas dúbidas entre os sublevados e os encargados de reprimir o golpe, e a capacidade do proletariado e a Garda Civil.

- A zona nacional; que contaba co apoio de Castilla, Galicia e Andalucía, o exército de África, a lexión e os regulares; e a zona republicana, con rexións industriais.

-A zona nacional contaba cun exército máis preparado.

Andrea. Barros/ David. Carro dijo...

1-Os maiores fracasos tiveron lugar en Madrid e Barcelona. O golpe tamén fracasou en Asturias, Cantabria, e parte do País Vasco, Cataluña, Levante, Madrid,Castilla la Mancha,Murcia e a zona oriental de Andalucía.

2- o fracaso foi debido a que a sublevación non tivo apenas respaldo popular e basouse nas forzas militares.

3- España dividiuse en dúas zonas:
A zona nacional, contaba coas reservas de ceral, ganado e carbón de varios lugares de España e tiña un exército moito máis preparado.
A zona republicana contaba tamén con productos como trigo e productos das hortas.As unidades do exército quedaron practicamente desarticuladas.A armada e a aviació permaneceron nas mans do goberno republicano.

4- A zona dos nacionais.

-----------------

1-de Abraham Lincoln

2-que a este batallón se uniu a Columna Connolly formada por un reducido grupo de irlandeses.

Anónimo dijo...

1. El golpe fracasó en Asturias, camtabria y parte del pais vasco.Pero los mas graves en Madrid y Barcelona.

2.O fracaso foi debido a sublebación non tivo respaldo popular e tivo que basearse nas forzas militares.

3.Dividiuse en 2 zonas:unha chamábase zona nacional e a outra chamábase zona republicana.

4.A zona nacional contaba cun exercito moito máis preparado




-

1. Abraham Lincon

2.A este batallón uniuse a Columna Connolly formada por un grupo de irlandeses


María Cerreda y Pedro Fernamdez

Anónimo dijo...

Antela y Elena:
1.- Os lugares onde foi maior o fracaso da sublevación foron Asturias, Cantabria, Madrid, Cataluña, as zonas industriais do País Vasco, Levante, Castilla la Mancha, Murcia e a zona oriental de Andalucía.
2.- Porque parte do exército e das forzas de seguridade republicanas como tamén sestores das clases medias mantiverónse fieis ao goberno, polo tanto non tuvo apenas respaldo popular.
3.- La zona nacional y la zona republicana.
4.- A zona nacional ten un exército moito máis preparado con divisións íntegras en Castela, Galicia, Andalucía..

1.- O nome do 3º batallón da XV brigada foi "batallón Lincoln".

Tania y Noelia dijo...

1. A sublebación militar comezou o 17 de xullo de 1936 cando alguns membros do exercito se alzaron contra o réxime da II República.
Franco e outros xanerais apoderanronse dos gobernos civís e dos concellos, coa fin de acabar co goberno do Frente Popular.

2. Apoios á Franco: Mussolini e Hittler
Apoios á II Republica: a URRS, e as Brigadas internacionais (axunda espontanea das esquerdas)

Francia e G.B quedan neutras (Comité de non intervención, un pacto para non comerciar con armas e homes para non agravar a situación internacional)

3. Fases da guerra:
Avance cara Madrid
Batalla do Norte
Batalla do Ebro

4. Acabou co parte final da guerra, que lle puxo fin ao conflicto. Asinouse en Madrid o 1 de abril de 1939 e foi retrasmitido por Radio Nacional de España (RNE)

Tania y Noelia dijo...

1. O león representa o pobo forte e unido e que se atopa dominado por unha soa persoa que é o sapo e que representa a un animal pequeno e debil, que produce adversion , ao igual que o dominador.
2. Porque quere representar o sentimento do pobo cara o dominador.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER