miércoles, 22 de abril de 2009

DIA DA TERRA

Hoxe, 22 de abril, é o día mundial da Terra, unha aventura que comezou tal día coma hoxe na ano 1970 en EE.UU. Esta "moza" de uns 4.500 millóns de anos que esperemos dure outros tantos, nas nosas máns está o seu coidado.



Hai case 43 anos, o 23 de agosto do 1966, a humanidade recibía a primeira imaxe da Terra obtida por unha sonda espacial próxima á Lúa, o Lunar Orbiter I, o primero dunha serie de orbitadores luares que a NASA empregou para levar a cabo unha cartografía do noso satélite natural antes de realizar as misións Apollo. A imaxe foi obtida durante a órbita número 16 da sonda espacial e recollida pola estación de seguemento do Deep Space Network en Robledo de Chavela (Madrid).


primeira imaxe en branco e negro da Terra ao fondo

Y esta é a imaxe restaurada hai uns poucos anos onde se poden apreciar máis detalles (premendo sobre ela poderás ampliala)


Primeira imaxe da Terra restaurada


A primeira imaxe en cor chegou un 24 de decembro do 1968 (celebrouse o 40 aniversario a pasada noiteboa) e foi esta foto espectacular tomada polo Apolo 8



imaxe tomada polos astronautas do Apolo 8

No cuarto día da misión a comunicación cos astronautas quedou interrumpida mientres o Apolo 8 pasaba por detrás da Lúa, eran os primeiros seres humáns en contemplar directamente a cara oculta da Lúa. Os astronautas como atraídos por un imán quedaron pegados á ventanilla e aconteceu algo abraiante.

Ao rematar de atravesar a cara oculta da Lúa ergueron a vista e viron unha especie de amencer, o que se erguía sobre o horizonte da escarpada Lúa era o noso Planeta Azul. Un objeto que aportaba a única nota de cor entre o oscuro espacio exterior e os grises tonos da superficie luar.

Sabes en que consistiron as misións do programa Apolo? Por que foi famosa a misión do Apolo XI?

3 COMENTARIOS:

María Cerredaa dijo...

eu creo que a mision do programa apolo era conseguir chegar a lua.
e o apolo 11 e famoso, porque foi a nave na que cheagou neil armstrong (creo que se escribe asi) e a sua tripulacion a lua, por primeira vez.

Jose Luis Guede Losada dijo...

pois sí María, tes razón, o Apolo XI (o número 11 dunha serie de 17 expedicions) fixo o primeiro alunizaxe tripulado e fixo famosa á súa tripulación (Neil Armstrong, Edwin Aldrin e Michel Collins, sendo Armstrong o primeiro home que pisa a lúa nun lugar ao que se lle chamou o Mar da tranquilidade).
Todo isto encuádrase entre finais dos anos 50 ata mediados dos 70 aproximadamente, nun período que se coñece como a Guerra fría, e unha "competición" entre os Estados Unidos e a antiga URSS, a carreira espacial. Os rusos enviaron o primeiro satélite o Sputnik que orbitou ao redor da Terra, e iso causou certo medo nos norteamericanos e`polo que moi pouco tempo despois éstos lanzaron á órbita o satélite Explorer I, comezando así a chamada carreira espacial, en 4º é parte do temario e seguro que aprenderás máis sobre o tema, que ten un montón de cousas interesantes, hache gustar.

Nestos enlaces podes ver algo histórico:

http://video.google.com/videoplay?docid=1416393771637021814&hl=es

Tamén hai unha película titulada Apolo 13 que narra as aventuras do novo intento de levar ao home á lúa, un intento que non chegou a consumarse por unha serie de problemas que na película podes descubrir.

Podes ver a película nesta dirección (creo):

http://www.megavideo.com/?s=divxonline.info&v=0TN4P45X

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER