miércoles, 15 de abril de 2009

A IDADE MODERNA

A finais do s. XV comezou un novo período da Historia que coñecemos como Idade Moderna, propuxemos dúas datas que marcan ese feito, por un lado o 1453 cando cae o Imperio Romano de Oriente (Bizancio) ou o 1492 ano do descubrimento do Novo Mundo.

Imperio Bizantino

Nestos momentos aparece un novo sistema económico denominado capitalismo (nesta época, os medios de producción, por exemplo as ferramentas, as terras, talleres-obradoiros, etc., pertencen a un propietario particular, privado, que acumulaba os beneficios obtidos, o capital), hoxe por desgracia estamos nunha crise económica global do sistema capitalista.

En Europa se estaban a producir unha serie de cambios demográficos e sociais, a pesar de que a sociedade seguía a ser estamental, inicia unha serie de transformacións que van a ser decisivas:

CAMBIOS SOCIAIS


  • A burguesía que se enriquecía cos negocios, acordádevos da referencia que faciamos ao espírito capitalista, e aos poucos vai ascendendo na pirámide social, sendo pezas clave na financiación de moitas monarquías europeas, lembrade o texto de Jakob Fugger do libro de texto. Outras familias pudintes son os Coeur ou os que xa coñecedes coma se fosen da familia, os Médici.

  • A nobreza pouco a pouco vai perdendo poder en beneficio dos reis que os levaban a súa Corte para "controlalos" mellor, dícese que a nobreza volveuse cortesana.

Escudo dos Médici no pazo episcopal da Piazza San Giovanni, Florencia

  • A clase máis desfavorecida, o campesiñado comeza a se liberar aínada que o seu grao de sometemento é moi grande.

  • Prodúcese un crecemento demográfico, as causas xa as comentamos na aula e as coñecedes ben.

CAMBIOS ECONÓMICOS


  • Os traballos artesáns seguen sendo gremiais pero comezan a aparecer novas formas de producción, a industria domiciliaria (domestic system), un empresario-capitalista entrega os medios de producción a un traballador, éste fai o producto a cambio dun salario mínimo e o empresario o comercializa obtendo grandes beneficios, esta historia xa a temos escoitado nalgures non si?

  • O aumento da demanda grazas ao crecemento demográfico fai que o comercio marítimo se desenvolva e como consecuencia do incremento comercial:

  • Aumenta a circulación da moeda grazas ao ouro e prata provintes de América, nace a banca (un grupo de persoas acumulaba diñeiro e o prestaba con al tos xuros) e o uso das letras de cambio (un documento que permite cobrar unha cantidade sen levar diñeiro en efectivo, metálico), para que o entendas mellor imaxina que eres un mercader veneciano e que debes viaxar entre dúas cidades, podes levar o teu diñeiro contigo pero é perigoso no século XVI, (bandidos, piratas, etc.), polo tanto, qué farías?, moi ben, acudir ao banqueiro da cidade entregarlle o diñeiro e a cambio dache unha carta recoñecendo esa "débeda" co cliente que eres tí, e ordea ao banqueiro doutra cidade co que mantén relación que che entregue a tí (o portador) unha determinada suma. Esto pódese entender tamén como a orixe do papel moeda que orixinariamente tivo emisores privados e non públicos coma hoxe.

Letra de cambio

ACTIVIDADES

Pincha nos seguintes enlaces e atoparás algunhas actividades interesantes.

actividade 1

actividade 2

As viaxes da familia Zwing (xogo)

Bruxas, 1349. Europa entera sucumbe ante a epidemia de peste negra que dezma á poboación. No fogar dun rico comerciante da cidade, unha xove, Úrsula, traballa no seu cuarto na composición dun libro de horas mientres os seus pais, Pieter e Jutta, están axetreados nos preparativos da viaxe cara a Venecia, onde Pieter ten negocios importantes que atender. Hubert, o fillo adolescente, noutra estancia da casa, atende as leccións de Ibn Mussa, o mestre árabe…., tendes un xogo online ambientado na Idade Media. Trátase de seguir a vida e las viaxes da familia Zwing, unha familia de mercaderes que vive en Bruxes e que viaxa por toda Europa para vender manufacturas de lá. Ao longo do mesmo terás que demostrar os teus coñecementos de Historia, Xeografía, Literatura e Arte europeos para axudarlles a tomar decisións. Ánimo e boa sorte!

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER