miércoles, 1 de abril de 2009

O NOME DA ROSA

De tanto falar desta película para moitos será xa como se a tivesen vista ou case, outros xa sei que a víchedes. Agora a verán outra vez pero con outros ollos. Aprenderemos a analizar dun xeito sinxelo unha película con contido histórico, e apreciar como o traballado na aula e na casa ponse en práctica, entendendo e dando sentido a moitas cousas que aquí acontecen.

Dando voltas á proposta que fixen e contando coa colaboración dos meus compañeiros, vamos ar proxectar a película "O nome da rosa". Dirixida por Jean-Jacques Annaud no 1986 cun guión baseado no libro do mesmo nome escrito por Umberto Eco no 1980.

Antes do visionado vamos a comentar o argumento para poñernos en situación e orientarvos en que parte do tema nos encaixa para que atopedes o sentido da actividade xa que non se trata de ver unha película porque sí ou para "perder" tempo de clase.

Primeiro o argumento:

A película se desenvolve nunha Abadía da Idade Media da orde dos bieitos. O lugar é unha zoa imprecisa, situada nos montes Apeninos, entre o Piemonte, Liguria e Francia.


Abadía ao fondo sobre un cumio (coma os castelos medievais) como centro de poder


É unha película que nos indroduce nas difíciles relacións entre ciencia e relixión, a través duns extraños asasinatos na abadía. Unha inxeniosa persoaxe, Frei Guillermo de Baskerville, metade monxe metade detective, ocuparase de investigar os misterios que rodean a estos asasinatos, descubrindo -coa axuda do seu fiel e temeroso discípulo, Adso de Melk- revelacións que poderían facer tambalear os cimientos sobre os que se asenta o mundo medieval.


Sean Connery como Guillermo de Baskerville
O nome da rosa é unha boa oportunidade para coñecer a riqueza e miserias da Idade Media, así como reflexionar sobre os conflictos entre fe e razón que anticiparán a aparición do mundo moderno, coa ciencia como criterio de verdade. Neste punto nos atopamos agora, xa rematado o bloque adicado á Idade Media, comezamos o estudo na Idade Moderna, Humanismo, Reforma e Contrarreforma, así como a arte do Renacemento.

No tema seguinte axudaranos a comprender mellor algunhas cousas que aparecerán nesta película e polo tanto nos serve de complemento. Tentarei avanzar algunhas cousas.

A época na que se desenvolve a acción é a finais de novembro do 1327, pouco antes do Cisma de Aviñon (esto complementarase nas clases de relixión. Xa coñecedes a primeira división do cristianismo co Cisma de Oriente, división entre católicos e ortodoxos), pouco despois do nomeamento do segundo papa francés en Aviñon (1316), Jacques de Cahors (apodado Xoan XXII).

O poder papal nesta época atópase con dificultades co poder dos emperadores (lembrade que algo xa comentamos en relación á loita de poderes na época feudal, sónavos a querela das investiduras?).

Outro feito histórico que acerta a película é a presencia dos franciscanos na abadía. Débese a que no ano 1327, os franciscanos e os delegados do papa francés son esperados na Abadía para ter un encontro que solucione algúns problemas porque corren o perigo de ser declarados heréticos por dous motivos: 1) a súa insistencia na pobreza do clero e 2) a súa cercanía ás posturas que, en lugar de aceptar a subordinación do poder do emperador á autoridade do Papa (teocracia), pedían a separación dos dous poderes.



Escea na que entra un grupo de franciscanos na Abadía. Apreciade que á esquerda están os campesiños pagando o "dezmo" (o abade era un señor feudal, ainda que o feudalismo estaba abolido mantíñanse as prácticas feudais), veredes que o derradeiro franciscano en entrar será confundido cun pobre, xa que levaban o voto de pobreza con rigurosidade.


Sobre o primeiro problema vimos algo neste último tema canda falabamos do protestantismo. Unha das críticas que facía Lutero era á riqueza da Igrexa que xa 200 anos antes fixeran os propios franciscano. Respecto ao segundo punto xa sabemos que trala querela das investiduras os emperadores estaban subordinados ao papado, sendo éstes mesmos os que coroaban aos reis e emperadores. Os franciscanos piden a separación e a independencia dos dous poderes.

Un argumento máis completo da película o podedes atopar en varias páxinas web, eu deixo un par de elas para quen teña curiosidade, wikipedia e filmaffinity. E se queredes profundar na fonte orixinal que é o libro pinchade eiquí.

Persoaxes:

Guillermo de Baskerville: Membro da ode franciscana. Perspicaz investigador, erudito, amante dos libros e da filosofía, seguidor de Aristóteles e da intelixencia lóxica. Tivo problemas no seu pasado por contradicir un veredicto da Inquisición. Este persoaxe representa aos pesadores ingleses coma Roger Bacon e, sobre todo, Guillermo de Occam , que existiron realmente e que coas súas ideas, prepararon a chegada do Renacimento.


Adso de Melk: Novicio franciscano baixo a tutela de Guillermo de Baskerville


Christian Slater caracterizado coma Adso de Melk, o narrador da película
Abade: xefe de la congregación benedictina que vive na Abadía.



Abade
Adelmo: Ilustrador de imaxes cómicas e humorísticas.


O monxe Adelmo

Ubertino da Casale: Un dos xefes espirituais dos franciscanos. Impopular ante a xerarquía eclesiástica por ter escrito un libro titulado: Sobre a pobreza do clero.



Ubertino da Casale
Venancio: Traductor de grego adicado ás obras de Aristóteles.

Salvatore e Remixio: Membros da Abadía que no pasado pertenceran a un movimento herético (de herexes), os dulcinistas, que, como os franciscanos, crían na pobreza, pero a diferencia destos, adicábanse a matar aos ricos.



Salvatore e Remixio
Bernardo Guy: Membro da Santa Inquisición que chega coa delegación papal.



Bernardo Guy
Berengario: Axudante do Bibliotecario.




Berengario
Severino: traballa no herbolario da Abadía



Severino
Malaquías: Bibliotecario.



O bibliotecario, Malaquías
Jorge: monxe cego inimigo da Risa. Sostén que o progreso non existe e que as bibliotecas están só para a preservación do saber e non para a investigación (está claro que estaba errado).



Jorge
Aínda que non é unha persoa, si forma parte importante da trama da película, o 2º Libro da Poética de Aristóteles: Libro que mata ou polo cal a xente mata. Segundo a historia perdeuse, aínda que se ten noticias da súa existencia non se chegou a conservar ningún exemplar.

¿Falta algunha persoaxe que deberamos resaltar? Dí cal e por que cres que debe estar nesta lista.

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER