jueves, 2 de abril de 2009

O NOME DA ROSA

Imos comentar algúns elementos curiosos que se poden ver na película, e veremos se o director é fiel á época na que se desenvovle a acción. Lembrade que é unha ficción, a trama policíaca e novelesca, pero esta trama está inserida nun espacio e nun tempo (os frailes non se moven en motos, ou traballan con portátiles por esaxerar, a eso chamaríamoslle anacronismo, é dicir, que non corresponde coa época an que se sitúa), polo tanto os obxectos, modos de vida, entorno, etc. ten que estar en consoancia coa época cronolóxica (en torno ao 1237).
Pois ben, comecemos polo inicio. Hai unha escea na que Guillermo de Baskerville está "desfacendo" a súa equipaxe e deixa sobre a cama uns instrumentos estranos. En realidade son instrumentos de navegación e orientación, un reloxio de area, un astrolabio e un sextante.
Saberías decir ¿que son e para que sirven estos instrumentos?
Escea da película onde se amosan os instrumentos ¿prohibidos?

No momento da entrada do abade á estancia onde se atopa frei Gulliermo, éste tapa os instrumentos cuha toalla ou pano, ¿por que cres que fai isto?

Outra curiosidade. Ata en tres ocasións se centra a atención do director, uns cantos fotogramas, sobre os lentes que Guillermo de Baskerville leva consigo. Na entrada anterior comentei que posiblemente esta persoaxe de ficción en realidade, o escritor Umberto Ecco, quixo identificar con Roger Bacon ou con Guillermo de Occam. No segundo caso coincide o nome e no primeiro a asociación dos lentes a este filósofo, científico e teólogo. Segundo se conta, no 1249 formulou a primeira afirmación acerca do emprego de lentes para mellorar a visión (parece ser que os chinos alá polo s.X xa empregaban lentes de aumento sobre unhas monturas de metal, ¿gafas?, estos chinos non deixan de abraiarnos). Este podería ser un detalle que identifica a Guillermo de Baskerville con Bacon, e o nome de pila con Occam, cecáis como a persoaxe é tan suspicaz pretende encarnar a ambos eruditos medievais.


Fotograma onde aparecen os anteollos
En Europa, as gafas empregáronse por primera vez en Italia inventadas polo florentino Salvino Degli Armati cara ao 1285, e algúns retratos medievais representan personas que portaban gafas.

Hai outras versións que circulan pola rede, uns din que foi Leonardo da Vinci, no 1508, o primeiro en observar que ao introducir a cabeza nun recipiente de cristal con augua modificaba a visión. Outros dín que o doutor da Igrexa Sofronius Eusebius Hieronymus (420-340 a-C) foi o inventor máis antigo dos lentes ainda que foi perfeccioado por Aristofanes, xa que el sabía as propiedades dos vidrios. Finalmente, o matemático árabe Alhazen foi o da idea de porlle marcos ou montura de metal.

Outras esceas históricas:
1. Pódese apreciar en varias secuencias a situación miserable dos campesiños. ¿poderías citar en que esceas se pode evidenciar esta situación lamentable?
2.- O edificio protagonista é a abadía. Tal e como se pode apreciar ten diferentes estancias. A máis importante é a igrexa de estilo románico, ainda que o decorado en ocasións non é demasiado fiel á realidade. Ainda que a intención era amosar o sentido didáctico dos relevos e imaxes, tamén era a de atemotizar aos fieis a través de mounstruos ou seres fantásticos, como na escea na que Adso se atopa con Salvatore.



Seres fantásticos para atemorizar aos pecadores



Outra estancia onde os monxes realizaban o traballo principal da abadía era o scriptorium, copiando os manuscritos.



Scriptorium
Tamén chama a atención o refectorio, o comedor, onde un dos monxes se adica á lectura das Sagradas Escrituras mentres a comunidade realiza o almorzo. Tamén a organización do día na adadía comeza co rezo da mañá na capela, onde os monxes se situaban no coro e participan da eucaristía cantada.

Coro


Refectorio, comedor

2 COMENTARIOS:

Nereaaaaaa 14-04 cumple dijo...

pero para facer un traballo que temos: que contestar as preguntas aquí formuladas?

Jose Luis Guede Losada dijo...

Felicidades y que cumplas muchos más, por no tirarte de las orejas, - una costumbre, por cierto, que posiblemene venga de Asia (China) y simboliza el deseo de que la persona felicitada viva mucho tiempo y que adquiera mucha sabiduría-, deberías invitar a un caramelo por lo menos...:D

Las preguntas son para despertar un poco la curiosidad de todos los que quieran investigar, avanzar o ampliar un poco más, lo que pretendo es que aprendamos a ver películas con contenido histórico con otra perspectiva y con sentido crítico, "aprender a ver", enlazar lo que se trabaja, los conocimientos, con la vida cotidiana. Antes de estudiar estos temas, la película sería un pasatiempo sin más y no nos pararíamos a pensar en algunas de las cosas que en ella se ven, ahora podemos interpretarla de una manera sencilla, pero mejor seguro que otras personas mayores que tú. Si tienes interés en hacer un trabajo más completo sobre ella te lo puedo dar, pero creo que con las preguntas que se formulan en el post son suficientes para matar el gusanillo de los que tenéis más inquietudes, además ha pasado ya algún tiempo y algunas de las cuestiones del trabajo inicial ya he dado yo las respuestas.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER