jueves, 16 de abril de 2009

OS RR.CC: A CONSTRUCCIÓN DO ESTADO MODERNO

A finais da Idade Media a península estaba dividida en cinco reinos, Castela, Aragón, Navarra, Portugal e Granada. Os RR.CC levarían a unificación de todos eles coa excepción de Portugal.

No 1469 Fernado e Isabel contraen matrimonio, unha boda en secreto porque as realcións entre ambos reinos eran moi tensas, de feito cando o pai de Isabel (Enrique IV o Impotente) se enterou da noticia anulou o seu testamento xa que a tiña nomeada herdeira ao trono de Castela e a substitúe pola súa outra filla Xoana A Beltranexa, e xa temos o lío montado.

Fernando e Ysabel, os Reis Católicos


En Castela se inica unha guerra civil trala morte de Enrique IV entre Isabel (apoiada por Aragón) e a súa medio irmá Xoana (apoiada por Portugal), por si vos interesa o desenlace final da guerra produciuse na batalla de Toro no 1476, consolidando a Isabel como raiña (de feito xa a nomearan no 1474).

Fernando accede ao trono de Aragón trala morte do seu pai no 1479.

A unión dos RR.CC supuxo a unión das forzas, pero non foi unha unión forte senon feble xa que excepto a Coroa non tiveron máis institucións en común, cada reino conservaba as súas propias, e no caso de Aragón foi máis esaxerado, xa que cada un dos reinos que o compuña (Cataluña, Aragón, Valencia, Baleares e Nápoles) conservaba un grao de autonomía moi elevado.


POLÍTICA INTERIOR


Un dos primeiros pasos para acadar unha unidade territorial foi a necesidade de incorporar para Castela e Aragón os territorios de Navarra, Granada e Portugal.


1. Unión territorial de todos os estados peninsulares como paso previo para a unidade política.

  • O reino de Granada incorporouse a Castela tras unha gran guerra (1483-1492).

  • Recuperación do Rosellón e Sardeña (1493)

  • Conquista e ocupación de Canarias (1497-1500)

  • Conquista de Navarra incorporándose ao reino de Castela (1512)

  • Anexión de Portugal que non se levaría a cabo polo fracaso da política matrimonial dos RR.CC pero que nun futuro será decisivo para que Filipe II obteña o trono de Portugal.

2. Sometemento dos grupos privilexiados (nobreza e clero) impoñendo a súa vontade (monarquía autoritaria).

3. Goberno centralizado como consecuencia do autoritarismo monárquico, reformándose as institucións de goberno con fin de garantir o control real. Consello Real que asesora ao monarca con persoas de confianza escollidas polos reis, limitando o poder da nobreza de asesoramento. Créanse a figuras do Vicerrei e o Correxidor para fortalecer o poder real nos distintos territorios.

4. Burocracia. A necesidade de autoritarismo e centralismo monárquico fai necesaria unha Administración grande e ben organizada, e os postos de confianza serán para persoas capacitadas e formadas (da burguesía principalmente). Créanse as Audiencias ou Chancelerías, institucións xudiciais con competencias e todo o estado onde os reis son os xuíces supremos (arrincan así un dos poderes dos señores feudais).

5. Créase un exército permanente.

6. Mantemento da orde a través da creación da Santa Irmandade, unha especie de "policía rural" de caracter laico (a Inquisición sería unha "policía" de caracter relixioso), curiosamente a desaparición da Santa Irmandade terá como consecuencia a creaciónda Garda Civil.

7. Diplomacia, como vía de solución dos problemas políticos e as alianzas matrimoniais estratéxicas.

8. Créase a Real Contaduría de Facenda para centralziar a recadación de impostos

9. Unidade relixiosa. Créase no 1478 a Inquisición co obxectivo de perseguir aos falsos conversos ao cristianismo xa que moitos o facían por interés. No 1492 asínase o decreto de expulsión dos xudeos (safardíes).



Escudo da Inqusición na fachada dunha casa preto de Alcázar de San Xoan


Actividades:


  1. Observa o escudo da Inquisición. Saberías dicir cales son os seus símbolos.

  2. Observa a seguinte imaxe e dí a que persoaxes podes identificar. Se precisas axuda pincha aquí.


A Virxe dos Reis Católicos. Anónimo 1490


3. Completa as seguintes frases:


  • Os Reis Católicos propuxéronse impor nos seus__________ a autoridade __________ por encima de calquera outro poder, con resultados distintos en Castela e Aragón.

  • Cando Isabel subiu ao trono de ________ no reino existía unha situación de _________ e de ___________.

  • Para evitar a desorde creouse a _______________________; para administrar a Xustiza a ____________________: para recadar impostos a __________________ e para asesorar aos reis, os ___________________.

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER