domingo, 19 de abril de 2009

OURENSE EN TEMPOS DOS RR.CC.: PARTE I

Aproveitando o estudo do tema dos RR.CC, unha das miñas intencións era utilizar o blog para coñecer a evolución histórica da nosa cidade dende a prehistoria ata hoxe, en cada curso estudiamos unha parte segmentada da Prehistoria ou da Historia, e xa que dende 2º se visita máis frecuentemente este espazo pois comezarei polo medio da historia da cidade, a Historia Moderna, pero por partes que o tempo é escaso.
No 1474 foi proclamada raíña de Castela Isabel de Trastámara, debido á súa política ou ao cambio de época e mentalidade (humanista) comezou unha fase de paz social que trouxo prosperidade e melloras da cidade. Ao longo do s.XV a poboación sufrira un retroceso demográfico pasando dos 3.000 habitantes de mediados de século aos 1.800 de finais.

A cidade imita a moitas cidades do Renacemento, o Concello edifica a súa primeira Casa Consistorial (xa non se conserva, o actual Concello é do 1888) en parte da Praza do Campo (actual Praza Maior), constrúe un matadoiro, lavadoiros nas Burgas, etc. Os primeiros Concellos reuníanse ao aire libre nun terreo fóra da cidade e por esa razón é coñecida como "Horta do Concello" á actual á Praza do Bispo Cesáreo e a Alameda. Na seguinte imaxe podes ver o antigo Hosptial de San Roque (hoxe está odificio de Correos).

foto: Alameda e praza Bispo Cesáreo cara ao 1898

Alí estaba tamén o Hospital de San Roque, hoxe só se conserva a antiga entrada ao hospital na praza da Trinidade, a estrada de Villacastín a Vigo (a nosa actual rúa Progreso) que cando a abriron no 1863 pasou por diante deste Hospital e partíu a Horta do Concello polo medio a un lado a Alameda e ao outro a antiga praza de Concepción Arenal, hoxe praza do Bispo Cesáreo. Esta portada é renacentista do s.XVI e a cada lado hai uns medallóns con alusións a persoaxes do mundo da mediciña como son Hipócrates e Galeno, un tímpano triangular ao modo dos clásicos gregos e romanos cunha imaxe de San Roque nunha hornacina e vixiándoo a cada lado dúas imaxes adaptadas ao espazo, en represntación do mal, un anxo no vértice e pola parte posterior (podedes vela entrando no patio da Trinidade) unha imaxe dunha Piedade (que xa sabedes en qué consiste este tema).


foto: antiga porta de acceso ao Hospital de San Roque na praza da Trinidade


A estatua de Concepción Arenal, obra de Aniceto Mariñas, estatua que cambiou o nome a aquel xardinciño, foi inaugurada en 1897. En 1969 o Concello trasladouna ata o seu actual emprazamento na praza de Concepción Arenal, na rotonda dos Salesianos fronte ao Pazo de Xustiza.

foto: estatua de Concepción Arenal nun antigo emprazamento

foto: estatua de Concepción Arenal no seu actual emprazamento


Máis información sobre esta estatua e as súas características neste enlace. Continuará....

2 COMENTARIOS:

maria cerreda dijo...

alaa! no sabia yo todo eso de la ciudad de orense, me llamó la atención lo de que antes en la plaza mayor había un matadero. vamos a estudiar mas a fondo la historia de la ciudad de orense, o va a quedar solo como una curiosidad? besos

Jose Luis Guede Losada dijo...

espero que sí, mi idea es intentar contrinuir a que tengáis un conocimiento mayor de la ciudad desde sus orígenes hasta la actualidad. las ciudades son algo cambiante y formáis parte de ese cambio, pero es muy interesante conocer la evolución histórica y poder contarlo a algún familiar o amigo/a sin caer en los tópicos del puente romano, las Burgas o el Santo Cristo. Por desgracia la falta de tiempo y tener que ceñirse a un temario que la ley obliga hace que en ocasiones nos quedemos con menos tiempo para otras activiades que desde mi punto de vista son tanto o más interesantes, intentaré llevar el tema paralelamente al temario "oficial". La primera entrada del blog (as orixes) hace referencia al mundo romano y al colegio, aunque quedan muchas más cosas de esa época, poco a poco intentaré ir subiendo más partes. Hoy prometo poner la siguiente. Saludos

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER