viernes, 24 de abril de 2009

OURENSE EN TEMPOS DOS RR.CC: PARTE II

Continuamos coa segunda parte da historia da nosa cidade, acaba de recordarmo María 2A, e antes de que rematemos o tema intentarei aportar máis datos.

Estamos polo alá século XV e nesa época xorden na cidade novas casas e rúas, como a Rúa Nova –hoxe Lamas Carvajal- onde asentaba o antigo "barrio" xudeo.


foto: Rúa Lamas Carvajal en Corpus


O Cabido (sacerdotes que axudan ao Bispo dunha cidade) encarga a construción do ciborio da Catedral, unha obra renacentista do arquitecto Rodrigo de Badaxoz entre o 1498 e o 1504, da Capela do Santo Cristo e da torre do reloxo na porta sur (ainda conserva o reloxio de sol) entre outras obras.

foto: vista da ábsida da S.I. Catedral e ciborio

Complétase a igrexa da Trinidade, nesa praza que temos tan preto e que conserva o antigo empedrado característico da cidade de Ourense con pequenas pedras extraídas do río Miño.


foto: Igrexa da Trinidade


Constrúense tamén a capela e o hospital de San Cosme e San Damián na praza que leva o seu nome no 1521 por encargo dun ciruxán chamado Juan Lérez, a fachada renacentista e hospital prateresco conserva os escudos familiares do fundador, e que na actualidade e dende 1982 alberga un Belén permanente do artista ourensán Arturo Baltar feito con figuras de barro cocido, con persoaxes e edificios típicos da cidade de principios do século XX e que ademáis o completan frescos de outros artistas ourensáns moi importantes coma Xaime Quesada (o mesmo que fixo -entre tantísimas obras- esa ecultura do neno sobre un moucho na praza do Padre Feijoo) ou Virxilio, moi interesante e que podedes acercarvos a visitar en calquera momento. Cosme e Damián foron uns médicos mártires do século III


foto: praza de Cosme e Damián

O Hospital de San Roque que aparece nesa foto incluida no post anterior, no lugar no que hoxe se sitúa o edificio de Correos, de este antigo hospital só se conserva como xa comentamos a porta de acceso e que na actualidade pódese ver na praza da Trinidade, algo xa comentamos sobre ela.




foto: antiga entrada ao hospital na praza da Trinidade



A ermida dos Remedios (nas aforas da cidade, xunto á Ponte) unha pequena capela do século XVI (1522) con fachada prateresca na que se inserta unha imaxe da Virxe dos Remedios, alí cada 8 de setembro celébrase unha romería moi popular na cidade, ese é o día no que a Igrexa celebra as aparicións da Virxe, ou ben no primeiro domingo de setembro . Está moi vinculada coa cidade esta Virxe e ten moita tradición a súa romería, a Virxe aída que única ten moitos atributos, un deles é esta, parece ser que foi a Orde da Santísima Trinidade (os Trinitarios) os que potenciaron esta advocación mariana.



foto: ermita dos Remedios



Tamén de esta épocas son casas/pazos da como a dos Oca-Valladares (hoxe Liceo de Recreo Ourensán, unha sociedade cultural). Na fachada deste pazo urbano pódense apreciar cinco escudos que pertencen a cinco familias galegas de certa relevancia (Deza, Zúñiga, Lemos, Ribadeneira, Ulloa, Aguiar segundo teño lido). No 2002 foi declarado pola Xunta ben de interés cultural (Decreto 222/2002)


foto: pazo dos Oca. Liceo de Recreo Orensano


A casa de Mª Andrea (hoxe restaurante) na rúa San Miguel e Praza do Eironciño dos Cabaleiros



foto: casa de María Andrea


A casa dos Méndez Montoto, hoxe museo municipal na rúa lepanto (rúa da Obra na Idade Media)

foto: casa dos Méndez Montoto (Museo Municipal)

A dos Boán na Praza do Ferro. Que ademáis cando falemos do deubrimento de América veremos a relación que ten esta casa con ese continente.

foto: casa dos Boán na prazo do Ferro


En 1484 chega o primeiro Correxidor, enviado polos Reis Católicos. Con estes cargos os poderes feudais vanse perdendo, os bispos no caso de Ourense xa que historicamente o cargo de bispo trascendeu á súa función relixiosa xa que ademáis de lider espiritual foi señor feudal dende que no 1122 Dona Tareixa de Portugal concedeu a xurisdicción da cidade ao bispo Diego Velasco para él e máis os seus sucesores.



foto: praza do Correxidor

O golpe definitivo que deron os Reis Católicos aos señores feudais –no caso de Ourense- viría en 1586 co nomeamento dun Correxidor con poderes máis amplos, por parte de Felipe II. (Inda así, os bispos aínda tardarían uns anos –ata 1628- en renunciar expresamente á súa histórica xurisdicción e dominio sobre a cidade.)

Ampliarei algo máis sobre algunhos dos exemplos e outros que non se mencioaron coma por exemplo algunhas rúas (do Baño, Villar, Barreira), prazas (San Marcial), e as portas da cidade. Por hoxe suficiente.

2 COMENTARIOS:

Nerea dijo...

esto entra en el examen o es solo por conocimientos..

Opciones de trabajo para este tema??

Jose Luis Guede Losada dijo...

Nada de lo que hay en el blog entra en exámen, esto es sólo para completar lo que trabajamos en clase, pero es voluntario y a gusto del consumidor, el que tenga interés puede ampliar información y complementar el temario del aula, pero no puedo preguntar nada de lo que hay aquí porque a pesar de que yo lo relaciono con las cosas que tratamos en clase y con el currículo de las Ciencias Sociales, este blog es algo personal y fuera del ámbito académico. Mi intención es aportar un lugar donde ampliar y encontrar posibles actividades para los que quieran porque en el aula no hay tiempo para las muchas cosas que se puede hacer, piensa además que no todo el mundo tiene internet ni puedo dar clases de esta manera, ya te digo esto no tiene más relación con el colegio que culaquier otra página donde puedas encontrar información.

Sobre el trabajo, en este tema no vamos a proponer ninguno, prefiero hacerlo en el siguiente y eso os lo diré en la clase.

Saludos.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER