martes, 7 de abril de 2009

RENACEMENTO: AMPLIACIÓN

O Renacemento italiano difundiuse cara a outros países europeos no s.XVI.

En Alemaña temos que destacar a Alberto Durero. En Flandres, o Renacemento tivo pouca influencia e os pintores flamengos desenvolveron un estilo persoal e propio, onde destaca o detalle, o realismo, gusto pola natureza, e outras características das que xa falamos na aula noutra ocasión e ampliamos visionando unha das obras mestras da Historia da Arte como é o matrimonio Arnolfini do autor Jan van Eyck. ¿Lembrades?


Matrimonio Arnolfini de Jan van Eyck

Outros pintores flamengos importantes foron Roger van der Weyden, Pieter Brueghel o Vello e un autor que espertou a miña curiosidade cando estudiaba a carreira, Hieronimus van Aeken, coñecido co nome de El Bosco.

Este artista soubo retratar dun xeito persoal e inxenioso unha crítica á sociedade do seu tempo, esto da crise non é solo algo do momento actual, por aquel entón ben sabedes que os estamentos fortes da sociedade e concretamente a Igrexa foi duramente criticada e "reformada".

Partindo das súas conviccións cristiás denuncia os vicios e pecados do home e a muller do seu tempo e a sociedade decadente no momento que lle tocou vivir. Algunha das súas obras son A táboa dos sete pecados capitais, O carro de heno ou o Xardín das delicias por poñer un exemplo, pinchando aquí poderás ampliar información e neste outro enlace coñercer mási sobre a obra de este autor.
Para concluir, o motivo real de por qué me chamou a atención este artista é que dentro dos meus gustos persoais, entre os impresionistas destacan os surrealistas coma Dalí (hai que esperar ao terceiro trimestre de 4º da ESO), o Bosco semella un inspirador dos surrealistas, catro séculos antes!!

Observade á esquerda unha obra do Bosco cara ao 1500 e á dereita outra de Dalí do 1929.




E por ter chegado ata o final do post unha curiosidade, o credor da famosa serie Os Simpsons, Matt Groening, fai de cando en vez algún guiño curioso coma por exemplo este relacioado co tema desta entrada, o primeiro pertence a un dos capítulos titulado Bart é atropelado (Bart gets hit by a car), onde coñece o inferno, aida que queda por pouco tempo. O segundo fai referencia a outro cadro famoso pero que non corresponde a este curso.


Saberías dicir con que cadros e autores se corresponden?

Podes atopar axuda en:

pista 1

pista 2

pista 3

Finalmente, se alguén ten curiosidade por ampliar coñecementos sobre O Bosco deixo este enlace cun documental para os máis curiosos.



0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER