jueves, 2 de abril de 2009

CHAPLIN, TEMPOS MODERNOS E A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

Na páxina 175 do libro de texto faise referencia a una das películas clásicas de Charles Chaplin que considero interesante a súa proxección para complementar os contidos traballados na aula, falo de Tempos Modernos, neste enlace podedes ampliar sobre datos técnicos da película e o argumento.

Hoxe avanzamos ata os 38 minutos de proxección na aula aproximadamente e restan uns 50 minutos, a metraxe da película é sobre 90 minutos.

Esta versión está en inglés, podedes atopar por fragmentos en castelán na rede, pero como ten poucos diálogos penso que estades preparados para afrontala, anímovos a que perdades o medo.
Se fallase a carga do vídeo pinchade eiquí.





Unha vez rematado o visionado farei unha proposta de traballo. Espero que vos sexa de interés.

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER