domingo, 17 de mayo de 2009

1º ESO: PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS - MESOPOTAMIA -

Cara ao VI milenio a.C. no chamado Crecente Fértil, algunhas aldeas comezarán a sufrir unha serie de transformacións que as levará a convertirse en civilizacións urbanas: Mesopotamia e Exipto.


Neste tema analizaremos esas melloras posibilitaron o desenvolvemento da agricultura, a aparición de sociedades máis prósperas, do comercio, das primeiras formas de Estado e a aparición da escritura da que podes achegar unha interesante información pinchando neste enlace.

No seguinte video, pertencente á famosa serie de TV "Erase unha vez o home", veremos como o clima da Tierra tende a estabilizarse, rematan as grandes glaciacións e nos vales fértiles das zoas temperás o home descubre a agricultura e poden deixar o nomadismo, asentándose definitivamente e como consecuencia, xurden aldeas que acabarán converténdose nas grandes civilizacións fluviais, en torno a os ríos Tigris-Éufrates (Mesopotamia) e Nilo (Exipto). Este capítulo ten uns 25 minutos de duración.




Na rede existen outros documentais cunha duración maior e seguramente menos atractivos pero con contidos que nos poden axudar na ampliación de contidos do tema. Deixo os enlaces para que os que queirades adicar parte do voso tempo nas Ciencias Sociais poidades facelo.



GRANDES CIVILIZACIÓNS: MESOPOTAMIA (11´apróx.)




MESOPOTAMIA, O PRINCIPIO DA CIVILIZACIÓN (45´apróx.)

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER