domingo, 17 de mayo de 2009

1492: ACTIVIDADES

Estamos a visionar a película 1492: a conquista do paraiso, un encargo do goberno español ao director estadounidense Ridley Scott (Gladiator, Thelma e Luoise, Blade Runner, Alien, etc.) para promocioar os actos do Vº Centenario. O seu estreno foi o 12 de outubro do ano 1992. Mañá luns remataremos polo que fago unha proposta voluntaria e un pequeno comentario.


A primeira parte é moi interesante, ata o desembarco nas praias de Guanahaní (en realidade é unha praia de Costa Rica chamada Punta Blanca). A segunda parte é máis ficción, pero igualmente está moi lograda. A banda sonora do compositor Vangelis (o seu nome é Evangelos Odyssey Papathanassiou) é moi interesante, este mismo compsoitor fixo a banda sonora de Blade Runner.


Unha das curiosidades fai referencia a unha escea na que Colón sobre a cuberta durante a noite calcula a latitude á que se atopan os barcos coa axuda dun cadrante apuntado cara a estrela Polar. Un dos seus compañeiros pídelle que lle ensine esa forma de orientarse en medio do océano, e Colón amósalle cómo apuntar o cadrante e comprobar que se encontran no Paralelo 28. Ésa é a ruta correcta. Como sabe Colón que é a ruta correcta?, na película non resposta a esta cuestión, tan só dí que se seguen ese paralelo chegarán ao seu destino.

Unha posible explicación é que o 28 é un número perfecto: coincide coa suma dos seus divisores propios. 28 é divisible entre 1, 2, 4, 7, 14 e 28. Se o excluimos a él mismo e sumamos o resto dos divisores (os chamados divisores propios), 1+2+4+7+14 é igual a 28. Esta propiedade a presentan moi poucos números, o máis pequeno deles é o 6, o seguinte o 28, logo temos que esperar ata o 496, despois o 8128, etc.



Se tes interés en realizar un traballo sobre a película aproveita o seguinte guión que a modo de esquema te pode orientar:

  1. Elabora unha ficha técnica da película (director, actores principais e persoaxes correspondentes con unha breve descrición dos mesmos, como características, papel que xogan no desenvolvemento da película, etc.)
  2. Resume o argumento da película.
  3. Que partes podes identificar na película en relación ao estudado no tema.
  4. Que dificultades tivo Colón para desenvolver o seu proxecto.
  5. Que críticas facían os expertos ás súas ideas.
  6. Que diferentes motivacións tiñan os conquistadores.
  7. Que reaccións tiveron os conquistadores fronte aos indíxenas.
  8. Inventa un novo final.
  9. Fai unha valoración persoal.

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER