lunes, 4 de mayo de 2009

AS VIAXES COLOMBIANAS

Para ampliar coñecementos sobre as viaxes cara a América e as rutas comerciais en xeral accede a esta páxina e reponde:

1.- Quen chegou ata a India e China no s.IV a.C?
2.- Cal foron os produtos máis apreciados da chamada Ruta da Seda?
3.- A quen servíu a familia Polo na China? Quen era ou a que se dedicaba esta persoa?



retrato de Marco Polo


Pasa ao apartado que fala do comercio das especias:

comerciante de canela


1.- Con que nome actual se coñece ás Illas das Especias?
2.- Que especias máis comúns se traían destas illas? e de China?
3.- Cal foi a consecuencia inmediata para o comercio das especias trala apertura da ruta de Vasco da Gama?


Seguimos no apartado adicado ás viaxes dos portugueses:

1.- Quen foi o primeiro en rebasar o cabo Boxador?
2.- Que mar ou océano actual é o Mar Tenebroso?

Vai agora ao que dí rivalidade entre España e Portugal.

1.- En que consistíu o Tratado de Alcaçobas?
2.- Por que Castela quedou coas novas terras a pesar de violar ese tratado?
3.- Que ven a solucionar o Tratado de Tordesillas?



Tratado de Tordesillas


Nos outros apartados de esta interesante páxina podes ampliar coñecementos sobre a ruta portuguesa cara a India, as viaxes de Colón e unha sección interesante con actividades que te poden axudar a coñecer o teu grao de avance na materia e o domino que dela tés. Pincha no apartado actividades ou ben neste enlace que te levará directamente ás mesmas.

Video sobre as viaxes de Colón duns 2 minutos:



E para os que teñades máis interés e tempo, déixovos un documental do canal Historia sobre a última viaxe de Colón, a duración é duns 52 minutos aproximadamente, amosa aspectos interesantes das condicións de vida, a travesía, etc.



Videos tu.tv



0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER