martes, 19 de mayo de 2009

O IMPERIO DOS AUSTRIA

Cara ao 1516 o neto dos Reis Católicos (Carlos I de España e V de Alemaña) ocupou o trono da monarquía hispánica finalizando así a dinastía Trastámara e dando comezo a unha nova dinsatía: os Austria.

Neste período (1516-1700) asistiremos a unha época de dominio hispánico, un inmenso imperio formado polos territorios europeos e americanos incorporados á Coroa. O emperador Carlos V posuíu este título debido á herdanza dos seus avós paternos (Maximiliano de Habsburgo e María de Borgoña), pero co seu fillo Filipe II os territorios austríacos con titularidade española quedaron deligados da Coroa de España.

No s. XVII, cos monarcas Filipe III, Filipe IV e Carlos II o Imperio inicia a súa decadencia.
No seguinte video podes ver a Europa en tempos de Carlos V.





E neste outro, o Imperio español:

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER