domingo, 7 de junio de 2009

2º ESO: A EUROPA DO ABSOLUTISMO

Ao longo do s.XVI España mantivo a súa hexemonía grazas á chegada de ouro e prata das minas Americanas, e como ben sabes foise reducindo o volume destes metais prezosos polo esgotamento das minas, engadido á menor demanda americana de produtos manufacturados grazas á maior capacidade de autoabastecemento do novo continente, levou a unha crise económica á España do XVII.

Na Europa resultante tras a sinatura da Paz de Westfalia, cun novo mapa e co afianzamento dunha nova potencia, Francia, coincidente coa decadencia española e o afundimento dos Habsburgo.

No XVII dase paso aos Estados-nación e á consolidación das monarquías absolutas, así coma o afundimento de grandes imperios supranacionais coma o español. Tamén asistiuse a unha liberdade relixiosa tras máis dun século de guerras de relixión.

Francia será a cuna desa nova forma de entender á monarquía absoluta, acaparará nas súas mans todo o poder que provén de Deus por eso non ten que rendir contas a ninguén soamente a Deus.

As características desta monarquía absoluta son:

- o rei era a encarnación do Estado.
- Ostenta os tres máximos poderes: leislativo, exectuvo e xudicial.
- Dirixe a política interior e exterior.
- Non estaba sometido a control.
- Axúdase de ministros, conselleiros, secretarios e funcionarios.

- Luis XIV, o rei Sol, é o máximo representante de monarca absoluto.

Luis XIX, o "Rei Sol"

Luis XIV deixará as finanzas do Estado en máns de Colbert que defenderá unha teoría económica: o mercantilismo. O mercantilismo se basa nunha idea: a economía dun Estado depende da acumulación de metais preciosos. E para poder desenvolver esa idea, o mercantilismo defende que a economía debe fomentar dúas accións: comprar o menos posible e vender o máis posible. É dicir: trátase de reducir ao máximo as importacións e aumentar as exportacións.


Colbert

Video sobre Luis XIV



ACTIVIDADE.

Completa o cadro cos cambios que se produciron en Europa trala Paz de Westfalia.



2 COMENTARIOS:

andrea. B dijo...

ola profe,
teño unha pequena dúbida, porque hoxe, comentamos na clase que Luis XIV comezara a gobernar dende que tan só era un neno, pero eu fixen un traballo, e buscando a información, vin que puña que fora Luis XV quen comezara a gobernanar dende neno, a información atopeina en:
http://es.wikipedia.org/wiki/Castillo_de_Versalles
no apartado de Luis XV, poderíasme decir cal dos dous foi o que herdou o trono cando era un rapaz?

moitas grazas =)

Jose Luis Guede Losada dijo...

Claro Andrea, a información que atopaches é correcta con respecto a Luis XV.

A persoaxe histórica da que falamos hoxe, Luis XIV non comezou a gobernar, herdou o trono sendo neno, aos cinco anos de idade, seguindo pola liña de wikipedia podes atopar este texto:

"tras la ascensión al trono, con cinco años, de Luis XIV el 14 de mayo de 1643, Ana anuló el testamento de Luis XIII en el Parlamento, rompió con el consejo y quedó como única regente. Durante su regencia, confió el poder a su primer ministro, el italiano Cardenal Mazarino"

a fonte de información é a seguinte:

http://es.wikipedia.org/wiki/Luis_XIV_de_Francia

Do que se trata é que Luis XIII, o seu pai, deixou en testamento a un consello rexente ata a maioría de idade do seu fillo, pero a súa esposa anulouno actuando ela como rexente, aínda que finalmente delegou esta potestade no Cardeal Mazarino que tamén cita o libro de texto.

Para que entendas o que é un rexente, ou máis ben habería que falar de rexencia, é un período no que unha persoa ou grupo de persoas actúan en nome dun monarca exercendo o poder, ben por ser demasiado novo, vello ou incapaz.

Aos trece anos de idade é declarado maior de idade e asume as rendas do goberno.

Espero que che servise de axuda, e grazas pola consulta.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER