domingo, 22 de noviembre de 2009

CORTES DE CADIZ E CONSTITUCIÓN DE 1812

Dende que se iniciara a guerra, as Xuntas locais e provinciais enviaron representantes para formar unha Xunta Central encargada de dirixir o país en tempo de guerra. Esta Xunta Central incapaz de coordinar a guerra, recoñece a Fernando VII como rei lexítimo asumindo a súa volta e autoridade. A Xunta presionada polos franceses decide refuxiarse en Cádiz, cidade que contaba co apoio dos ingleses.

A Xunta disólvese e convoca Cortes en 1810. O proceso de elección de deputados foi complexo. Un tercio dos mesmos foron representates da Igrexa e había unha ampla representación do grupo nobiliar e burgués. Non había partidos políticos tal e como os entendes hoxe, pero rapidamente definíronse dous grupos claramente diferenciados, os conservadores e os liberais.



Xuramento dos primeiros deputados a Cortes na IGrexa de San Paulo en San Fernando, Cádiz, obra de José Casado del Alisal, 1863. Hoxe conservada no Congreso dos Deputados en Madrid.

A CONSTITUCIÓN DE 1812
A "Pepa" recolle o compromiso entre absolutistas e liberais acadados nas Cortes, entre outros:
  • Soberanía nacional.
  • Declaración de dereitos do cidadán.
  • Separación de poderes: lexislativo as Cortes unicamerais, executivo o rei e xudicial, os tribunais de xustiza.
  • Sufraxio universal masculino e indirecto.
A Constitución de 1812, liberal e progresista, pretendía non só regular o poder senon tamén regular e reordear a sociedade española de principios do XIX cara a un tipo de sociedade máis moderna.

Portada orixinal da Constitución de 1812

No seguinte enlace podes acceder ao texto íntegro da Constitución de 1812.
Máis información en Cervantes Virtual.
Para rematar, co motivo da vindeira celebración do bicentenario (1812-2012), editouse un comic titulado "El espíritu de la Pepa", premendo sobre a imaxe poderás acceder a él, espero que che guste.


0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER