jueves, 12 de noviembre de 2009

O PENSAMENTO SOCIALISTA II

En 1848 publícase o Manifesto Comunista de Karl Marx e Fiedrich Engels, é unha obra fundamental no desenvolvemento das ideas socialistas, onde se analiza a Historia coma un proceso continuo de explotación de clases por outras. Tratan de demostrar que o capitalismo pode ser superado por outro sistema máis xusto: o socialismo.


Portada do Manifesto comunista


Estas novas ideas foron cualificadas de Socialismo científico para diferencialas das anteriores, utópicas, e trala morte de Marx, estas ideas foron a base do marxismo.


A INTERPRETACIÓN ECONÓMICA DA HISTORIA. MATERIALISMO HISTÓRICO

Segundo Marx, as condicións materiais son o factor determinante de calquera formación social, de esa relación entre seres humanos e natureza e os propios seres humanos aparece unha determinada forma de producir bens, de organizar o traballo, distribuir a propiedade e repartir os excedentes, esto constitúe a estructura económica.


Esta estructura económica condiciona o tipo de institucións políticas e xurídicas, e as ideas predominantes, é dicir, a superestructura político-ideolóxica. NegritaO Estado como institución máis importante desa superstructura política é un instrumento que favorece a unha determinada clase dominante, é dicir, o Estado sempre é clasista.


A ideoloxóa e comportamentos das clases dominantes xustifican os intereses de clases.


O conxunto formado pola estructura económica e a superestructura económica recibe o nome de modo de producción, e ao longo da historia houbo os seguintes: depredador, asiático, escravista, feudal, capitalista e socialista.


O motor da historia segundo Marx é a loita de clases, dúas clases antagónicas e este enfrontamento concluirá cunha nova clase dominada pola clase vencedora, e á fin á que se dirixe a historia do ser humano é á desaparición das clases sociais, pero antes é preciso que o proletariado tomo o poder do estado (ditadura do proletariado) e unha vez acadados os seus obxectivos ese estado ditatorial se autodisolverá, quedando así establecida a sociedade comunista.


A PLUSVALÍA


Segundo Marx, o valor dunha mercadoría depende da cantidade de traballo que se precise para a súa realización, pero existe unha mercadoría peculiar, a forza de traballo obreira, o capitalista usa esa forza de traballo máis tempo do que precisa para compesar o custo, a diferencia entre o prezo á que compra a forza de traballo e ó prezo á que a vende é a plusvalía, toda plusvalía é a materialziación dun traballo non pagado. Se o obreiro recibise exactamente o valor das mercadórías por él producidas non se comprendería o capitalismo.
Un exemplo:
Unha mercancía (por exemplo un libro) ten un doble valor, este valor pode ser un valor de uso (o uso para mín, leo o libro, ou emprego o libro para estudar, e a medida que uso ese libro vai perdendo valor, só ten o valor de uso que eu lle dou, é dicir, sirve para usar), pero tamén ten un valor de cambio (podo vender o libro usado).
Pero, ¿cal é o valor da mercadoría?.
O libro vale tanto coma o tempo de traballo necesario para fabricalo. Para fabricar un libro, un capitalista, persoa que ten o capital atopa un traballador que non ten capital pero sí ten a forza de traballo. O capitalista merca esta forza de traballo. Unha vez na fábrica/imprenta se determina o valor do traballo do obreiro e o capitalista págalle un salario "X". Segundo Marx, o valor do traballo do obreiro é todo aquelo necesario para manter ao obreiro coa vida necesaria para que ao día seguinte volva ao traballo (comida, roupa, casa...), pero o obreiro nas horas que traballa produce máis do valor necesario X+Y. O salario debe cubrir o necesario para manter ao obreiro e este traballador produce o seu salario (X) o necesario para alimentalo e sostelo, e ademáis o obreiro ao traballar produce un valor engadido, un plus (Y), este valor é o que se coñece como plusvalía, ese extra que lle queda ao capitalista unha vez paga o salario ao obreiro.


0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER