miércoles, 11 de noviembre de 2009

REVOLUCIÓN INDUSTRIAL II

TRANSFORMACIÓNS SOCIAIS
Unha vez abolida a sociedade estamental característica do Antigo Réxime, aparece unha nova sociedade de clases que clasifica aos individuos en función da riqueza e non de situacións de privilexio herdadas ou adquiridas.

A riqueza como criterio diferenciador permite unha sociedade máis dinámica e aberta, con posibilidade de ascenso social en función da valía intelectual, oposta ao inmobilismo da sociedade estamental, pero do mesmo modo que se ascende se pode descender pola perda de poder económico.

Na sociedade de clases, a desigualdade económica producida pola acumulación de bens en mans duns poucos (clases acomodadas, nobreza e burguesía enriquecidos) e a necesidade da inmesa maioría de traballar a cambio dun salario (asalariados ou proletariado), vaise converter no eixe central da nova estructura social.


DOMINO SOCIAL DA BURGUESÍA


A burguesía introducirá cambios de todo tipo nos costumes, modas, hábitos culinarios, bailes, educación.... Tiñan o domino económico e debían exhibir o seu poder cun modo de vida luxoso e en ocasións despilfarrador en contraste coa vida austera do proletariado.



Familia burguesa paseando coa niñeira


Posuían a maior parte dos capitais, controlan os mecanismos de mercado e obteñen os maiores neneficios derivados do rendemento do traballo dos seus traballadores asalariados.

Tiñan o domino político, lembrade que a súa participación nos movementos revolucionarios tiñan como obxectivo a súa participación política era controlar os meanismos do Estado que servira aos seus intereses específicos.

NACEMENTO DO PROLETARIADO

O outro grupo social que caracteriza o s. XIX é o proletariado, un traballador urbano instalado na cidade coa súa familia coa esperanza de mellorar as súas condicións de vida. O seu número irá en aumento e pouco a pouco, debido á necesidade de incrementar os beneficios da burguesía, ésta imporá unhas moi duras condicións laborais, salarios baixos, condicións míseras e explotación do traballo infantil e da muller.



0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER