miércoles, 11 de noviembre de 2009

REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

Este termo foi empregado por vez primeira no s. XIX (Blanqui, 1828; Engels, 1845; Marx, 1867) xa que se decataron que estaban a vivir unha época de cambios rápidos e profundos.



Blanqui Engels Marx


¿Por que en Inglaterra?


Porque alí déronse unha serie de condicións que favoreceron o seu desenvolvemento: homes, materias primas, máquinas, capitais e unhas condicións políticas favorables.

CARACTERÍSTICAS XERAIS DO PROCESO DE INDUSTRIALIZACIÓN
  • EMPREGO MASIVO DE MÁQUINAS.

Compre destacar a máquina de vapor de James Watt en 1769, baseada na idea da máquina de Newcomen inventada en 1711 por Thomas Newcomen.

  • A FÁBRICA COMO UNIDADE DE PRODUCCIÓN.

Pasouse do taller como unidade de producción cunha nula división do traballo, escasa maquinaria e baixo a regulamentación gremial á fábrica onde as máquinas terán un papel predominante, división das tarefas e despersonalización do traballo, agora o traballador xa non ten control sobre o resultado final do seu traballo.

Existe un paso intermedio entre o taller e a fábrica, apareceu como alternativa aos talleres, foron os putting-out system e os domestic system, convivindo ambos como industrias domésticas de caracter rural ao marxe da regulamentación gremial. Os campesiños elaboraban e vendían os productos.

  • CAPITALISMO COMO TEORÍA E PRÁCTICA ECONÓMICA

Adam Smith, David Ricardo e Malthus son os seus pensadores ou formuladores dos principios básicos. Segundo eles, a riqueza baseábase nos seguintes presupostos:

  1. Interese individual e máximo beneficio persoal.
  2. Máxima liberdade económica. Mercado libre.
  3. Non intervención do Estado nas actividades económicas que deben estar en mans dos particulares, o chamado "laisser faire, laisser passer"
  4. A economía ríxese por leis naturais baseada no libre xogo da oferta e a demanda.
  5. O traballo da man de obra considérase unha mercadoría máis, o traballador elixe libremente o seu traballo e o contrato de traballo é un acordo libre entre patrón e obreiro, defendendo a división do traballo como medio para aumentar a rendabilidade.
PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
Aínda que a RI supuxo un incremento de tódolos índices de producción houbo tres sectores punteiros que destacaron tanto pola súa capacidade de renovación e de arrstre doutros sectores económicos: a industria textil, a industria siderometalúrxica e a industria dos transportes.

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER