miércoles, 2 de diciembre de 2009

ARQUITECTURA GÓTICA

O desenvolvemento da vida urbana foi un factor clave na aparición do gótico, atraterá a un nutrido grupo de homes e mulleres e dará paso a unha nova forma de organización social. Nas ciidades, a catedral cobrará un especial protagonismo.



A CIDADE MEDIEVAL





CRONOLOXÍA DO GÓTICO:

1.- período cisterciense, austero (pouca decoración).
2.- gótico arcaico ou de transición, mediados do s. XII ao XIII
3.- gótico clásico, s. XIII
4.- gótico final, s. XIV, presta maior atención ao aspecto decorativo.
5.- gótico flamíxero, caracterizado pola excesiva decoración que chega a ocultar as estruturas arquitectónicas.



CARACTERÍSTICAS XERAIS



1.- Verticalidade, elevación dos edificios, gran altura. Simboliza o desexo de acadar a Deus.
2.- Luminosidade. O muro perde a función de suxeción, soporte, das cubertas, deixando paso a grandes vidrieiras, que dotaban de colorido e luminosidade os interiores das catedrais.
3.- A catedral como edificio representativo.
4.- Planta de tres ou cinco naves, similar á románica pero cos brazos do transepto máis curtos.
5.- Pranta de salón ou basilical, sen cruceiro.
6.- Arco apuntado.
7.- Emprego de piares.
8.- Bóveda de crucería.
9.- Vidrieiras e rosetóns.
10.- outros edificios, pazos, concellos, universidades, etc.

COMO ACTIVIDADE, REALIZA UNHA PRESENTACIÓN DE POWER POINT QUE INCLÚA TODOS OS ELEMENTOS SINALADOS NO APARTADO DE CARACTERÍSTICAS XERAIS.


SERIE DE ERASE UNA VEZ EL HOMBRE, CAPÍTULO CORRESPONDENTE Á CONSTRUCCIÓN DAS CATEDRAIS.





0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER