domingo, 14 de febrero de 2010

14 DE FEBRERO: SAN VALENTÍN

A petición "popular", achego esta curiosidade sobre San Valentín.




Coméntase, ou comentábase antigamente, que o día de San Valentín foi un invento do Corte Inglés, que tiña uns fins comerciais e consumistas. Razón convincente dende logo, pero por qué San Valentín e non outro santo da Igrexa.

O certo é que no século III d.C o emperador Claudio II prohibíu aos mozos casarse e vivir en matrimonio. Pensaba que os solteiros sen familia eran mellores soldados ao non ter ningún tipo de compromiso en caso de ir á guerra. Tamén prohibira o cristianismo porque desexaba ser alabado coma deus supremo.

Eiquí entra na historia San Valentín. Este sacerdote de Roma desafiou ao emperador ao casar en segredo aos mozos baixo o rito cristián. Enterado o emperador Claudio deste desafío, tentou pactar co sacerdote pero non o conseguíu. San Valentín foi encarcelado e condeado a unha execución triple: ser flaxelado (recibir latigazos), lapidado (ser apedreado) e decapitado (cortarlle a cabeza).

Na espera de executar a sentencia no cárcere, o seu carceleiro chamado Asterio presentoulle a súa filla Xulia, cega de nacemento. Pedíulle a San Valentín que lle devolvese a vista, e así foi, produciuse o milagre. Asterio e toda a súa familia converteuse ao cristianismo. O emperador temeroso dunha rebelión ordea a súa execución o 14 de febreiro do ano 270.


Antes da súa execución, San Valentín deixoulle unha nota a Asterio, pedíndolle que non se afastara de Deus, e asinou "do teu Valentín". Segundo a lenda plantouse un amendoeiro de frores rosadas, sendo hoxe esta árbore o símbolo do amor e a amizade verdadeira.

Os restos do santo consérvanse na Basílica de San Valentín na localidade italiana de Terni. Neste templo celébrase un ritual. No seguinte video o descubrirás.




Esta é a historia tradicional, que conta os feitos realizados polo sacerdote. Na rede, e tralos achádegos das catacumbas, nos ofrecen novas versións.




Finalmente:




Por outra parte, parece ser que o día de San Valentín desprazou a unha festa pagana romana, a das Lupercais (Lupercales).



Tira as túas conclusións.

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER