sábado, 20 de marzo de 2010

INICIO DA PRIMAVEIRA

Se accediches ao buscador Google, observarías que no día de hoxe fai unha lembranza á primaveira no seu logo, pero se tecleas no Google de Arxentina, por exemplo, verás que o logotipo é diferente. ¿Saberías explicarlo?


Nunhas horas daremos a benvida á primaveira. As estacións, como xa sabedes, comezan cando a Terra se atopa nunhas determinadas posicións na súa órbita respecto ao sol. No caso de primaveira (equinoccio de primaveira), esta posición é na que o centro do sol, visto dende a Terra, cruza o ecuador celeste, neste día a duración do día e a noite é practicamente a mesma. Neste instante no hemisferio sur iníciase o outono.

o inicio está entre o 19 e o 21 de marzo, neste ano 2010, o momento oficial en España será hoxe 20 de marzo ás 18:32 horas. A estación durará 92 días e 18 horas. Ata a chegada do verán, cada día teremos 3 minutos máis de luz solar.



O domingo 28 de marzo se producirá o cambio de hora, recuperando o horario de verán. Unha semana máis tarde, o 4 de abril será o Domingo de Pascua.

No curso pasado incluín unha entrada sobre o Renacemento e a Primaveira e o comezo do aninovo persa (Irán).



0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER