domingo, 7 de marzo de 2010

TEMPO E CLIMA

Comezamos facendo unha distinción entre tempo e clima. Penso que non quedan dúbidas.

Tamén estivemos recopilando refráns "familiares" entre os nosos maiores, que fixeran referencia ao tempo. Eiquí van algúsn exemplos:
  • Febreiro, febreiro, da o sol en calquer regueiro.
  • Día de Santa Inés chuvia unha sola ves.
  • Lúa nova trovexada, trinta días de mollada.
  • Abril, abrileiro, auga na cara e no leiro.
  • Abril, abrilón, auga por un tubo e pode que trebón.
  • Abril frío. moito pan e pouco viño.
  • Agosto mollado neve para o ano.
  • Auga en agosto, nin bo nabo, nin bo magosto.
  • Marzo marceador, un día malo e outro peor.
  • Marzo, marzán, pola mañá cariña de rosa e pola tarde cara de can.
  • Maio ventoso, ano fermoso.
  • Outono quente, inverno detente.

Se aínda che quedan dúbidas, podes consultar os seguintes enlaces.

Para comezar, a un nivel moi elemental: enlace_1

Neste enlace de climaTIC, poderás profundar neste tema e noutros relacioados co tema.







0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER