jueves, 22 de abril de 2010

DÍA DA TERRA E ALGO MÁIS

Decateime esta tarde que nas clases que tiven pola mañá non fixemos referencia ao día da Terra, especialmente con 1º, xa que viña a conto. Hoxe Google deixou un logo conmemortivo, tal e como acostuma a facer cando considera de interés un acontecemento.



No curso pasado fixen unha entrada tal día coma hoxe 22 de abril. Día da Terra 2009.



É certo de que falamos sobre os riscos naturais que asolan a Terra, comentamos o visionado do vídeo sobre os volcáns aproveitando a triste actualidade do volcán islandés Eyjafjoll. E os desastres naturais que levaron miles de vidas por diante, coma os terremotos de Haití, Chile ou o recente de China.

É moi interesante a animación gráfica de El País que podedes ver seguindo este enlace. Non perdades a oportunidade de aprender dun xeito visual como se producen os terremotos e maremotos.

Hoxe non farei máis referencia que aportar inforamción sobre a orixe deste día. O senador norteamericano Gaylord Nelson instaurou o día 22 de abril de 1970 como Día da Terra como un xeito de destacer a necesidade de conservar os recuros naturais do planeta. Inicialmente afectou ao mundo universitario e co paso do tempo converteuse nunha celebración global do medio ambiente. Hoxe na canle Discovery Channel emitirase unha programación especial. Temos que concienciarnos sobre o respecto ao medio ambiente e contribuir entre todos a unha mellor conservación do planeta e os seus recursos.

Preguntarédevos pola curiosidade. É a seguinte.

Moitos sabedes que se me deu polo estudo la lingua chinesa (hanyu - 汉语 - Hànyǔ) en concreto o mandarín (普通话 - pǔtōnghuà). Pois ben, para os chinos o número 8 ten un significado especial. De feito os xogos olímpicos (RIP J.A. Samaranch presidente de honra do Comité Olímpico Internacional, falecido onte)inauguráronse nun 08/08/08 ás 8 horas 8 minutos e 8 segundos.




O motivo é que o número 8 en chino 八 pronúnciase bā (ba) cunha entonación igual que a nota musical FA, moi similar á palabra que eles empregan para dicir enriquecemento. 8 é un número máxico para os chinos. A súa astroloxía ten 8 signos, o seu goberno 8 ministros imperiais, 8 puntos cardinais e 8 montañas cósmicas que reverencian. Chégase a pagar cifras extraordinarias por todo aquelo que teña moitos oitos (números de teléfono, matrículas), e ......as visitas do meu blog...8888....



...non son chinés pero por si acaso....Moita sorte!!

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER