sábado, 1 de mayo de 2010

A EXPO 2010 E AS ORIXES DA ESCRITURA

Hoxe se inaugura oficialmente a Expo universal de Shanghai (ver fotos). En 1º andamos a voltas coas etapas ha historia da humanidade. A mascota da Expo levoume a fiar un tema de actualidade co tema de estudo na aula.

Vexamos. O límite entre prehistoria e a historia ven marcada pola aparición da ecritura. Antes de que existira a escritura o ser humano recurría á memoria (o libro oral). Lembrar todos os acontecementos resultaba difícil, por iso a necesidade de levar contas ou deixar constancia de relatos ou acontecementos trouxo consigo a aparición da escrituta en lugares diversos do planeta: Mesopotamia (actual Irak), Exipto ou China.

O feito de que existan documentos escritos é síntoma dun grao evolutivo maior. Isto non quere dicir que apareza en tódolos sitios ao mesmo tempo, nen que supuxese o fin das sociedades prehistóricas.

Hai uns 3300 anos a.C., en Umm el-Qaab (Abidos-Exipto) atopáronse un conxunto de tabliñas de arcilla que son os documentos máis antigos de escritura atopados. Este tipo de escritura baseábase en pictogramas ou ideogramas (do grego idea=idea e gráfo=escribir).

Os ideogramas era signos que representan de maneira esquemática obxectos reais. Co tempo este tipo de representacións pictóricas simplificáronse ata se converter en signos abstractos, a escritura cuneiforme. Exemplos modernos de ideogramas son as señalizacións (señais de tráfico, informativas, etc.). Vexamos algúns exemplos de ideogramas antigos e modernos:


O caracter chino 人 "rén" que significa "home" destaca a principal característica do ser humán, que é a posición bípede.




Pictograma nunhos aseos masculinos.




A mascota da Expo de Shanghai que hoxe 1 de maio abre as súas portas ata o 31 de outubro do 2010, chámase Haibao (海宝, tesouro do mar) e está inspirado no pictograma chino rén (人), que significa persoa.


Continuaremos coa evolución da escritura ata chegar aos nosos días, pero será noutra entrada.

Se queres botar unha ollada ao pavillón de España na Expo accede á fotogalería de El País.

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER