domingo, 13 de junio de 2010

MASTABAS

Os antigos exipcios crían que a alma necesiaría do corpo trala morte, de ahí a necesidade de conservar os corpos para a eternidade. Os métodos para conservar (embalsamar) os corpos fóronse sofisticando co paso do tempo, como tamén o foi o lugar onde albergar os cadáveres para ese tránsito cara á inmortalidade.

A plabra mastaba en árabe significa banco ou banqueta, facendo alusión a súa forma troncopiramidal. É o primeiro tipo de tumba monumental de Exipto que dará paso á pirámide escalonada e finalmente ás pirámides perfectas, coñecidas por todos.



As mastabas constan de dúas partes ben diferenciadas. unha visibel en superficie realizada con sillares de pedra caliza cunha capela orientada cara o leste (á saída do sol); outra subterránea á que se accede a través dun pozo e leva a unha gran cámara funeraria onde se colocaría o sarcófago e o cadáver momificado.


As mastabas evolucionarán co paso do tempo. Algunhas incorporan unhas pequenas estancias cegas (o serdab) onde iría unha estatua do defunto ou figuriñas de persoaxes que lle facilitarían a vida no máis alá. En ocasións se construía unha falsa porta que comunicaría co outro mundo


Preme sobre a seguinte imaxe e accederás a máis datos sobre a mastaba de Faraun (mastaba de Shepseskaf) construída cara ao 2500 a.C., e posterior á construcción das pirámides.


Finalmente a evolución dos edificios funerarios en Exipto amósanse na seguinte imaxe:



Fonte. www.histoire-geo.org

VIDEO SOBRE SEPULCROS EXIPCIOS: DA MASTABA ÁS PIRÁMIDES.


0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER