jueves, 29 de julio de 2010

A ERMIDA DOS REMEDIOS

Na madrugada de hoxe produciuse un feito realmente lamentable. Ardeu a Capela dos Remedios.

Para a historia da cidade é un símbolo. A pequena capela que data do s.XVI (fachada renacentista prateresca) é propiedade dos herdeiros da familia Montoto (xuíz, rexedor e procurador da cidade cara o s.XVI). Emplázase no antigo Campo dos Desafíos, unha das propostas feitas ao longo do curso para ser incluídas no traballo sobre a nosa cidade.

Entre os séculos XV e XVI as cuestións que atentaban contra a honra se consideraban como un grave ofensa contra a dignidade da persoa, resolvéndose tales cuestións co uso das armas. Deste xeito as xentes máis belicosas acudían a este lugar afastados do núcleo poboacional da cidade de Ourense para defender a suposta honra perdida daban morte ou morrían no intento de restablecer a honra mailo honor perdido.

Durante o pontificado do bispo Gonzalo de Acebedo é cando o cabaleiro Francisco Méndez ergue a ermida no 1522, baixo a advocación de A Nosa Señora Virxe María dos Remedios para tentar cambiar a mala imaxe do lugar e convertilo nun centro de advocación mariana. Foi en tempos lugar de acollida para os peregrinos do Camiño da Prata e tamén para protexelos dos bandidos.

As imaxes están tomadas da galería de La Región.
















0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER