viernes, 30 de julio de 2010

O CAMPO DOS DESAFÍOS

Fotograma dos Duelistas de Ridley Scott
Antes de comentarvos algúns datos sobre o Campo dos Desafíos dicir que desafiar é retar ou incitar á competición, ou ben enfrentarse a outra persoa, peligro ou dificultade. No caso que nos ocupa, é o enfrontamento entre dúas persoas para salvar a honra.

Entre os temas que os escritores españois do Século de Ouro tratron en maior profundidade destaca, sen dúbida, o sentido da honra.

No s.XVII o filósofo inglés Thomas Hobbes publicaba na coñecida obra, Leviathan, a súa visión e conceptos fundamentais da honra. Era coma unha escala de valores a través da cal un home podería recoñecer o valor de outro. Unha simple ecuación: a maior valor, maior virtude.

A honra tiña que ver tamén co asunto económico e de raza, por exemplo, ser puro significaba socialmente  non ter sangue xudía ou musulmana. Eran os chamados "cristiáns vellos", categoría que sempre axudaba para ascender socialmente.

A honra da fama ou reputación é o que recoñece a sociedade ao individuo, é outro que corresponde coa honra da familia. Tamén hai a honra sexual, por mentira, roubo ou estafa por mencioar algunhas delas. Pois ben, no caso da sociedade de Ourense, o sentido da honra tería un peso específico importante coma no resto do territorio.

Este concepto de hombría e a posibilidade de portar armas na cidade, a pesar de estar prohibido en toda España, era moito maior entre os membros da nobreza, os cales tiñan un código de honra que incluía a posibilidade de retarse en duelo como método para resolver as diferencias.

Básicamente se clasificarían en tres os tipos de duelo recollidos polos códigos de honra:

• Satisfactorios: para lavar ofensas moi leves, aqueles que podían suspenderse en calquera momento, sempre que o ofensor ofrecera a debida satisfacción e esta fora aceptada polo ofendido.
• Propugnatorios ou "a primeira sangue": para lavar ofensas leves, graves e menos graves, sempre sen a vontade de matar. Acababa en canto os testigos corroboraban calquera indicio de ferida ou mancha de sangre.
• Decretorios ou “á outrance” : para lavar ofensas moi graves e vengar inxurias, combatíase ata que un dos dous quedaba fora de combate… normalmente morto.
Estos últimos, poden ser confundidos cos chamados duelos a morte, que sin embargo non tiñan cabida específicamente como tales dentro das leis de honra.

Vista da Ponte Vella e á dereita a ubicación do antigo Campo do Desafío.
Pódese apreciar á esquerda a Capela dos Remedios.

En Ourense, coma en outras moitas cidades, algúns duelos remataban tamén coa morte. Éstos tiñan como escenario o descampado do actual Campo dos Remedios, que en outro tempo denominouse Campo do Desafío. Entre os non nobres o máis usual era a venganza ou a traición.

Os motivos que levaron aos duelos ourensáns foron, supostamente, as infidelidades ou as relacións extramatrimoniais, delictos de sangue ou traicións políticas entre outros.

As armas empregadas foron a espada, o sable e con posterioridade a pistola. Tamén as navallas, bastóns ou o garrote, tal e como recolle esta obra de Goya titulada "Duelo a garrotazos".

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER