martes, 27 de julio de 2010

SOBRE KOSOVO


Recentemente a Corte Internacional de Xustiza dictou sentenza sobre Kosovo, lida polo actual presidente do tribunal, o xaponés Hisashi Owada. Kosovo pode declarar a independencia de forma unilateral.

Entre os organismos dependentes da ONU está a propia Corte Internacional, e non nos esquezamos do peso que ten EE.UU na propia ONU, polo que non estrana a decisión do devandito tribunal. Os norteamericanos foron os grandes promotores da independencia kosovar, seguramente o 99% da poboación non sabería situar Kosovo nun mapamundi mudo, pero a posibilidade de ter unha base militar en plena zoa de influencia rusa (Serbia o é) fai que o interés por este territorio dun tamaño pouco maior que a provincia de Lugo sexa estremadamente elevado, e razón para que moitos norteamericanos aprendan a situar Kosovo.


Unha imaxe que ilustra é a que publicou El País, uns homes kosovares lucindo a bandeira da independencia kosovar e a de EE.UU, síntoma que é algo máis que un simple aliado, unha forma de agradecemento público popular.



A razón de toda esta alegría ten sentido se nos achegamos ao Campo de Bondsteel, cecáis a maior base norteamericana en Europa dende a IIGM, e que posiblemente reemprazará a famosa base de Aviano en Italia. Na seguinte imaxe aérea pódese constatar as dimensións da base norteramericana en Kosovo.

Fonte: Wikipedia

Os serbios pagan o prezo da historia e sobre todo o prezo dos dirixentes sicópatas que realizaron unha limpeza étnica, antes da abolir as autonomías, entre elas Kosovo, a pesar de contar na actualidade cun goberno democrático que respecta as reglas do xogo e descarta calquera atisbo de violencia.

Slobodan Milosevic pronunciara precisamente en Kosovo o discurso de Gazimestan, semente das guerras iugoslavas. Así o considerou o Tribunal Penal Internacional da Haya, no xuízo contra Milosevic. Serbia nace en Kosovo e non se entende Serbia sen a guerra de Kosovo contra os turcos hai máis de 600 anos. Esto é coma se en Asturias se instalese unha minoría étnica e proclamase a independencia de Asturias. Non se entende a formación de España sen o nacemento do reino cristián de Asturias. Pois Kosovo é a Serbia o que Asturias a España, máis ou menos.

España non recoñece a Kosovo acolléndose á doutrina Estrada.



2 COMENTARIOS:

PAULA dijo...

Buscando información sobre Kosovo atopo o meu primo nunha páxina que nin sabía que existía. Moitas felicidades pola túa páxina dende o outro lado do océano.

Jose Luis Guede dijo...

Ese descubrimento non tiña que tardar en acontecer ;) Alégrome que che guste e que fose útil a información. Espero que lle botes unha ollada en xeral, xa me contarás. Bicos.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER