domingo, 17 de octubre de 2010

JULIO CESAR: O NOME ROMANO



Un dos persoaxes máis coñecidos da historia da Roma antiga foi sen lugar a dúbidas Xulio César. César nos ámbitos históricos, pero en realidade Gaius Iulius Caesar, do que vos proporei unha actividade de investigación ao remate deste post.


Xulio César. Fonte: biografiasyvidas.com

Os nomes dos nenos romanos eran dados no 8º día do seu nacemento no caso das nenas e no 9º no dos nenos. Realizábase unha festa chamada "dies lustricus", algo así coma se fose o noso bautizo. Nese día dábaselle o "praenomen" (equivalente ao noso nome de pila), era o único nome ao que os pais tiñan dereito a escoller, en moitas ocasións era o mesmo que o dalgún dos seus antepasados. Algo parecido ao que se fai na actualidade, onde moitos nenos e nenas levan o nome dos pais ou dos abuelos.

Os nenos de clase alta dispuñan de "tria nomina", de tres nomes: praenomen (nome de pila), nomen (equivalente ao apelido, herdado do pai, remataba en -ius no caso do latín e en -io en castelán ou galego) e cognomen (coma o segundo apelido na actualidade, pero que en época romana designaba características físicas herdado por vía paterna). Por exemplo Caio (nome de pila) Xulio (da familia Xulia) César (en referencia ao cabelo, cabeleira, algo que lle molestaba porque era calvo). Poderíase decir que o cognomen era un apelativo ou un mote que nalgún momento se lle puxera a un membro disinguido da gens (familia). Eran os gentiles, unha agrupación de familias identificados polo cognomen (apelido). 

Como vedes, o cognomen convertiuse no verdadeiro nome propio. César. Era moi infrecuente chamar aos homes polo seu praenomen, tan só no ámbito íntimo e familiar.

Algúns praenómina frecuentes foron: Aulus, Apius, Caius, Decimus, Lucius, Marcus, Manius, Numerius, Publius, Quintus, Sergius, Sextus, Tiberius, Titus ou Vibius.

As tribus romanas máis coñecidas foron: Aemilia, Aniensis, Camilia, Claudia, Cornelia, Esquilina, Fabia, Galeria, Horatia, Lemonia, Maecia, Menenia, Oufentina, Palatina, Papiria, Pollia, Publilia, Pupinia, Quirina, Romilia, Sabatina, Sergia, Stellatina, Suburana, Teretina, Tromentina, Velina, Voltinia ou Voturia.

Para rematar, algúns cognomen ou motes frecuentes foron: César (cabeleira, poderáimos traducilo como "melenas"), Scipio (bastón), Cicero (grano), Caecus (cego), Clausius (coxo), etc...

Para saber máis sobre os nomes romanos:

ACTIVIDADE DE INVESTIGACIÓN:

  1. Existe certa confusión sobre se Xulio César foi ou non un emperador. Achega información e dí cal é a razón principal pola que os historiadores non o consideran como tal emperador. Investiga neste enlace onde dí "primer emperdor romano".
  2. Se a ponte romana de Ourense está datada en torno ao s.I-II d.C ¿Dí o nome do primeiro emperador do s.I e o emperador romano a cabalo de ámbos séculos? Podes consultar esta lista.
  3. ¿Poderíase dicir que algún deles foi andaluz? Razoa a resposta.

Deixa as túas respostas nos comentarios desta entrada.

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER