viernes, 1 de octubre de 2010

REDONDETA OU PLANETA


Non teño por costume facer referencias aos rapaces nos posts, e moito menos ás anécdotas vividas que podería calificar, cando menos, curiosas.

Os erros son impresindibles para aprender e mellorar, pero o máis valioso son os razoamentos previos e as conclusións tiradas, que aínda que erróneas, baséanse nun razoamento lóxico. Por iste motivo cóntovos a seguinte historia:

- "¿Por que se lle chama "planeta" se pensaban que a Terra era plana?" - cuestionaba Mencía nunha mañá de setembro -
- "Boa pregunta" - pensei para mín, sorprendido polo razoamento que levou a esa conclusión.
- "Xa que é redonda, debería ser "redondeta" - risas nun bando, sorpresa noutro -.

Ahí quedaba iso.



Que a Terra era plana foi a crenza de moitos pobos na antigüidade, cun pequeno matíz en canto á forma, uns crían que era con forma de disco e outros cadrada, pero plana. Todos pensaron que era plana, pero non o é. Isto foi así ata o s. VI a.C, cando na Grecia antiga e na India se fixeron as primeiras hipóteses. Dos gregos, foi Pitágoras o primeiro en facer suposicións non científicas senon deductivas, xa que consideraba a esfera coma a forma perfecta. O mesmo sucedeu con Platón.

Houbo que esperar a Aristóteles, un dos discípulos de Platón, para que no s. IV a.C., tirase unhas conclusións baseadas na observación, na escoita dos viaxeiros e na razón. O seu razoamento foi:

  • "Os viaxeiros chegados de Exipto e outros lugares meridionais ven estrelas que non se ven en Grecia, e á inversa. Esto indica que o séu horizonte e o noso non son paralelos, o que é posible só se a superficie da Terra é curva.

  • A sombra da Terra sobre a Lúa nun eclipse luar é sempre redonda.

  • A observación dos barcos cara ás costas, o promeiro que se ve é o mástil, e dende o barco vese o pico das montañas da costa."


Máis tarde viñeron outros como Eratóstenes, Colón, Copérnico ou Galileo Galilei aportando datos científicos sobre a esfericidade da terra.

A palabra "planeta" non ten que ver coa forma, plana (do latín "planus", liso, sen relevo) ou redonda, da Terra. A orixe da palabra "planeta" ten a súa orixe no verbo grego "planasthai" que significa vagabundo ou errante.

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER