sábado, 16 de octubre de 2010

REVE ANABARAECO

Posiblemente as primeiras manifestacións relixiosas do ser humán relacionáronse co azar, coa boa ou mala sorte, co instinto natural dos homínidos de adorar forzas ocultas. Os primeiros cazadores estaban a expensas dos resultados variables da caza. Vivían nun constante estado de inseguridade e a vida era unha empresa máis que arriscada. Coa chegada do sedentarismo, a variabilidade da natureza afectaba dunha maeira ou outra á propia vida nas aldeas neolíticas. Todos os pobos primitivos da antigüidade tiñan un panteón de deuses. Os máis coñecidos, os exipcios, gregos ou romanos.

Estes últimos, os romanos, permitiron as relixións locais, sempre e cando non atentasen contra a relixión oficial ploiteista, e na época do Imperio, non fose contrario ao culto imperial. Así, os pobos que habitaron Gallaecia e concretamente os dos castros no entorno a Civitas Auriensis, adicaron culto a un deus indíxena local chamado Reve Anabaraeco.

Na imaxe inferior podes observar un ara romana adicada a esta divindade, sen saber exactamente se era de xénero masculino ou feminino. O epíteto Anabaraeco, segundo a teoría de Xulio Rodríguez González do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, significa "lugar onde burbulla a auga", en consoancia co lugar onde foi atopada.

Fonte: MAPO

Nas últimas excavacións da traseira das burgas atopáronse máis aras a esta deusa ou deus indíxena, o que fai pensar que nas inmediacións poidera ubicarse un templo ou ben as termas fosen de tipo cultual, é dicir, adicadas ao culto ademáis das finalidades curativas.

Entradas relacioadas:

Propuxemos achegar información sobre unhas divindades romanas menores, coma os lares, manes e penates. Sobre os lares comentamos que eran de orixe etrusco e facían referencia aos deuses da familia (os dii familiaris) entre os que se atopaban os lares locii, que se encargaban de protexer o lugar onde se asentaba a vivenda familiar, afastando aos estranos da propiedade, moito antes de que se "inventase" a propiedade privada. A orixe do nome lar, ven do etrusco, que significa señor ou heroe.

Imaxe: Wikipedia

Nas domus, eran colocados en pequenos altares chamados lararios situados no vestibulum ou no atrium, o máis preto posible da porta de entrada. Na imaxe inferior unha recostrucción dunha domus.
Imaxe: Wikipedia


No caso das insulae, bloques de apartamentos ou manzanas de casas, situábanse na cociña das vivendas. No video pódese ver unha reconstrucción dunha ínsula de Bíbilis (Calatayud, Zaragoza).










Os romanos tamén tiñan os seus "anxos" individuais protectores, eran os genios, Adoitaban representarse con alas e eran adorados xeralmente no día do cumpreanos.

TAREFA:

Amplía información sobre estos deuses menores e anota as características máis importantes.

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER