sábado, 23 de octubre de 2010

ROMA: HIXIENE

Hoxe vai de hixiene e a súa relación co urbanismo. Non hai moito falabamos das medidas hixénicas como condicionante na Historia da Humanidade. A importancia de manter unhos hábitos hixiénicos favorece a convivencia, non cabe dúbida, pero tamén poder ser un factor de mellora das condicións de vida dunha colectividade, chegando a ser unha das causas que contribuíron á reducción da mortandade ao longo da Historia.

Un dos retos das cidades romanas era acadar un acueducto que lles permitise o abastecemento de auga. Estas construcción requerían de grandes obras de enxeñería e de estudos de acuíferos que tivesen auga suficiente para unha cidade, a este punto de captación da auga denominábase "caput aquae", que en ocasións estaba a varias decenas de kilómetros de distancia. Non era tarea fácil.

Na cidade romana de Emérita Augusta (Mérida, Badajoz) abastecíase da auga traída polo acueducto dos Miragres, non tan famoso coma o de Segovia. Premendo sobre os enlaces poddes ampliar a información sobre estas construccións en particular e achegar algunhas diferencias entre ambos. Tamén te podes informar dos acueductos que hai en España no seguinte enlace.


Acueducto de los Milagros (Mérida) Fonte: Wikipedia

O seguinte video axúdanos a comprender mellor cómo funcionaban este tipo de construccións.


Outra das obras públicas ás que fixemos referencia foi a Cloaca Máxima. Con admiración, ¿verdade?. Admiración porque nos sorprendeu cómo na Europa do s.XVI, por exemplo, as necesidades se facían cara a rúa e non era estrano escoitar a frase de "auga vai". O pintor flamenco Peter Brueghel o Vello recolleu na súa obra "Os proverbios flamencos" (tamén coñecida coma "O mundo do revés") a un home facendo as súas necesidades cara á rúa, tal e como podes apreciar na imaxe inferior.
Fonte: Wikipedia - montaxe de elaboración propia

Roma era moito máis hixiénica que moitas grandes cidades europeas ata o s.XIX. A Cloaca Máxima foi a rede de alcantarillado máis antiga do mundo. Iniciada polos etruscos cara ao 600 a.C., inicialmento foi unha canle aberta e parte do seu percorrido cara ao río Tiber baixo terra.

Percorrido da Cloaca Máxima
Cloaca Máxima














As letrinas ou baños públicos tamén eran frecuentes no Imperio Romano. Aproveitábanse os lugares públicos máis concurridos para a súa construcción. Deles recollíanse os excrementos e ouriños.
Letrinas en Ostia


A vida privada dos romanos
Recreación da limpeza das letrinas. FONTE: sdelbiombo - Vicente Camarasa

Sorprenderíanos hoxe saber qué usos se facían dos excrementos humáns e dos ouriños. Por exemplo, existían persoas que se encargaban de recoller as deposicións para vendelas coma esterco. Tamén se recollía o ouriño en grandes vasixas para empregalas como desinfectante ou para o branqueado da roupa, polo alto contido en amoníaco, ou incluso como "pasta dentífrica", para a limpeza dos dentes, un costume herdado Íberos. A pasta dentífrica xa era empregaba hai uns 5000 anos polos exipcios, así o recolle un papiro datado no s.IV a.C., consistía nunha mistura de diversos compoñentes, podes achegar a fórmula neste enlace. Foi un médico romano, Escribonius Largus, o primeiro en documentar unha fórmula para a pasta de dentes no s. I d.C.
Erasmo de Rotterdam cita na súa obra "De la civilización moral" cara ao 1530: 
 preciso ser moi coidadoso de ter os dentes limpos, pois blanquealos con polvos é propio de mozos. Frotalos con sal e alúmina é moi perxudicial e servirse da orina para este propósito é cousa de españois".
Como vedes, a Revolución Industrial é moi benvida, e á industria química e farmacéutica temos que lle agradecer a invención da pasta dentífrica e os compoñentes cos que hoxe se fabrican.

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER