domingo, 28 de noviembre de 2010

A DÉCADA OMINOSA

Finalizada a Guerra da Independencia e trala volta de Fernando VII o Desexado, sucédense diferentes etapas na historia de España no XIX. A Década Ominosa, así se coñece ao período de reinado absolutista de Fernando VII (1823-1833) tralo Trienio Liberal do Coronel Riego (1820-1823). Nesta década España perdería novamente a oportunidade de subirse ao tren do progreso e con ela pasamos dunha importante potencia colonial a ser un país atrasado.
Coronel Riego
Foi precisamente o Coronel Riego quen protagonizou o único pronunciamento militar que acadou o éxito. Neste contexto. o rei Fernando VII, viuse na obriga de acatar a Constitución de 1812 (ver entrada anterior).

"(...) Mentres Eu meditaba maduramente, coa solicitude propia do meu paternal corazón as variacións do noso réximen fundamental que parecían máis adaptables ao carácter nacional e ao estado presente das diversas porcións da Monarquía española, así como máis análogas á organización dos pobos ilustrados, fixéchedesme entender o voso anhelo de que se restablecese aquela Constitución, que entre o estruendo das armas hostís, foi promulgada en Cádiz o ano 1812. (...) Xurei esta Constitución pola cal suspirábades e serei sempre  oseu máis firme apoio... Marchemos francamente, e eu o primeiro, pola senda constitucional."

Manifesto Rexio de Fernando VII 10 de Marzo de 1820


  • Cal é o motivo, segundo a túa opinión, de por que se producen tantos pronunciamentos militares?
  • Está Fernando VII verdadeiramente implicado cos principios constitucionais?
  • Por que Fernando VII promulga a validez da Constitución de 1812?
  • Compara o texto co seguinte que corresponde a un estracto do Manifesto dos Persas no 1814. Achega información sobre ese documento.

"A monarquía absoluta (...) é unha obra da razón e da intelixencia; está subordinada á lei divina, á xustiza e ás reglas fundamentais do Estado; foi establecida por dereito de conquista ou pola submisión voluntaria dos primeiros homes que elexiron aos seus Reis... Por esto foi necesario que o poder soberano fose absoluto para prescribir aos súbditos todo o que mira ao interés común e obligar á obediencia aos que se negan a ela. O desexo medio que debemos pedir, trasladando ao papel nosos votos, e o das nosas provincias é, con arreglo ás leis, foros, usos e costumes de España. (...) Que a este fin se proceda a celebrar Cortes coa solemnidade e na forma en que se celebraron as antigas... que se suspendan os efectos da Constitución e decretos dictados en Cádiz e que as novas Cortes tomen en consideración a súa nulidade, a súa inxustiza (...)"


Manifiesto dos Persas. 12 de Abril de 1814


  • Por que se coñece co nome de Manifesto dos Persas?
  • Cal son as súas principais ideas?
  • Que consecuencias ten?

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER