domingo, 7 de noviembre de 2010

REVOLUCIÓN INDUSTRIAL: TEMPOS MODERNOS

O cinema é un bo instrumento para coñecer e interpretar feitos históricos sempre e cando non non sexamos espectadores pasivos. Preténdese con este tipo de actividades espertar a mentalidade crítica, para aprender a ver o cinema dende a análise a valoración profunda. Debemos ir máis alá do argumento, interpretar a intención do director.

Propóñovos unha actividade, centrada nos aspectos históricos que nos ofrece Tempos Modernos (1936) de Charles Chaplin. Neste enlace atoparás a ficha técnica.

Cartel da película Tempos Modernos



Para esta actividade inicial comezaremos cuns fragmentos que encaixen co que xa coñecedes do tema

VISIONADO_1 (duración: 8´34")




CUESTIONARIO:


1.- Explica brevemente a película relacioándoa coa frase coa que comeza: "Unha historia sobre a industria, a iniciativa individual, a cruzada da humanidade na procura da felicidade".


2.- Analiza o significado das seguintes esceas:
  • Entrada de obreiros á fábrica/rabaño de ovellas.
  • Cadea de producción/consecuencias de querer espantar unha mosca

VISIONADO_2 (duración: 9´21")


CUESTIONARIO:


1.- Analiza o significado das seguintes esceas:
  • Proba da máquina de comer.
  • Tics no cambio de turno/obsesión por enroscar todo o que atopa.
  • Absorción do obreiro pola máquina.
  • Relacións obreiro-obreiro/empresario-obreiro.
As túas respostas pódelas deixar no apartado comentarios ao pé desta entrada.

Se tes interés podes ver a película completa e profundar noutros temas que Chaplin tratou na película coma: as manifestación obreiras, o problema do paro, a conflictividade social, o efecto das drogas, o cárcere, a sociedade que prefere estar no cárcere que gozar da liberdade, a forma de vida burguesa e asalariada, etc.

A PELÍCULA COMPLETA




Para a análise dun filme podes seguir este esquema:

1.- Identificación da película.
  • Elaborar a ficha técnica.
  • Xénero cinematográfico ao que pertence; western, comedia, ciencia ficción, cine histórico, etc.
  • Circunstancias históricas nas que se filmou a película e identificación do director e a súa ideoloxía.
2.- Análise da película.
  • Tema.
  • Resumo do argumento.
  • Identificación das persoaxes.
  • Momento histórico ao que fai referencia a película.
3.- Valoración persoal: elaborar un xuízo persoal do que te suxeríu a película. Aspectos positivos e negativos da mesma, segundo o teu criterio.

4.- Fontes de información empregadas: citar as fontes de onde obtiveches información extra para completar o traballo.

7 COMENTARIOS:

Anónimo dijo...

GRUPO 6.

2. A.Relación entre entrada dos obreiros a fábrica e un rebaño de ovellas:
-Todos van xuntos e desordenados.
-Con présa,dispost@s a levar a
cabo a súa función. Van dispos-
tos a dalo todo tanto no campo
coma na fábrica.

B.Relación entre a cadea de producción e as consecuencias
que ten o feito de espantar unha mosca:
-Que se corta toda a cadea de
producción o que conleva perder
unha gran cantidade de productos
e de diñeiro.

1- A.Por que fan unha proba da máquina de comer:

-Para axilizar o proceso de
produción aumentándolles o
tempo de traballo e diminuindo o
seu tempo libre.

B.Relación entre os tics e a obsesión por enroscar todo o que atopa:

-A causa de que queira enroscar
todo o que encontra son as
reiteradas veces que leva a
cabo a súa tarefa.

C.Absorción do obreiro pola máquina:

-Utilizan un empregado para
probar a efectividade da máquina
e se esta ten consecuencias
negativas só perxudicará ó
obreiro.

D.Relacións obreiro-obreiro:
-Teñen confianza entre eles xa
que pasan moito tempo xuntos
nas diferentes quendas e
comparten as responsabilida-
des do traballo.

Relacións obreiro-empresario:

-Non teñen relación,nin se
coñecen.Só os unen os
intereses económicos.
Esto é debido a que na
segunda revolución industri-
al se despersonalizan as
relacións laborais.

Anónimo dijo...

Abraham Grupo 1.

Video 1.-
1)En esa época buscan a mellora do ritmo e da actividade e cada obreiro especíalizase nunha tarea de produción para producir máis.
2)
-Entran todos xuntos a empuxóns como as ovellas.
-Como vai en cadea se paras de traballar o seguinte non pode facer a súa función e isto fai que se teña que parar o proceso de produción.

video 2
1)
-úsana para que os obreiros non paren no almorzo e así traballar máis tempo.
-Como traballa tanto tempo e tan seguido logo ao acabar sinte a necesidade de enroscar todo o que ve.
-Non quere parar de traballar porque senon despídeno.
-As relacións entre os obreiros son escasas porque se paran de traballar depídenos e teñen que parar o proceso de produción.

Os obreiros non teñen ningún tipo de trato co empresario e a veces nin o coñecen.

Anónimo dijo...

CUESTIONARIO VIDEO 1 :

1.-Na película amósanse as intencións que tiña o dono da empresa con respecto aos seus beneficios. O diñeiro é a fonte de poder.
Para elo, as horas de traballo eran contínuas, apenas tiñan descanso, cada pouco tempo aumentaba a velocidade das máquinas para que os traballadores foran máis rápido e así o empresario tiña máis beneficios. + traballo en - tempo= + beneficios para o capital da empresa.

2.- Os traballadores non tiñan representacións individuais, non había diferenciacións entre eles, non significaban nada, eran obreiros e punto.
- O feito de que un traballador se parase aínda que so fose uns segundos, modificaba todo o proceso de producción, había que frear as máquinas e custaba moito, por eso había que impedir que esas paradas se producisen e, en caso de darse, os traballadores recibían unha boa bronca.


CUESTIONARIO VIDEO 2:

1.- O empresario buscaba eliminar o tempo que se perdía na hora do almorzo. A máquina que lle ofreceron ao principio funcionaba, pero poucos minutos despois deixou de facelo. O empresario dixo que non a quería porque "non era práctica".

2.- O traballador estaba tan acostumado a enroscar sen descanso que o facía incluso cando non tiña que facelo. Era un xesto involuntario que aos poucos minutos corrixía.
-O obreiro perdía o ritmo pero como tiña unha obsesión por enroscar meteuse inconscientemente na máquina, volveuse tolo porque sabía que tiña que facelo e quería enroscalo como fora.
-Aparece o movemento obreiro. Despersonalízanse as relacións laborais: DONO-ASALARIADO

Anónimo dijo...

Noelia Grupo 1:
Visionado 1:
1. Na época na que se sitúa a película, buscan a mellora da actividades industriais, sobrexplotando aos traballadores para engrandar o seu rendemento e así poder obter un número maior de excedente e adquirir máis capital, posto que é a base do poder e a fonte de felicidade.
2.-O significado desa comparación é que os traballadores asemellan un rabaño de ovellas , pois van todos xuntos a traballar sen que ninguén se desvie do camiño, do obxetivo.
- Cada traballador está presionado a seguir un determinado ritmo.E o simple feito de querer espantar unha mosca provoca a perda dese ritmo e ter que deter a produción, algo gravísimo.
É un traballo en cadea, e a pausa dun provoca a doutro, o seguinte depende do anterior sempre.

Visionado 2:
1.- O empresario capitalista quere seguir aumentando os resultados e quitar o pouco descanso que teñen para as comidas. Esa máquina supón que non cese a produción nin o ritmo continuo. E tamén evitar a posible competencia con outras empresas.
2.- Ten eses tics porque fai sempre o mesmo traballo de enroscar durante horas, por eso acaba obsesionado.
3.- Porque atascouse nunha peza e qería acabar de enroscalo e caeu pola máquina, absorbeuno.
4.- Xa non hai contacto entre traballador e propietario, agora se limitan a dono e asalariado. "Despersonalización"

Lucía Gil dijo...

El anónimo de debajo de Abraham es nuestro, del grupoo 2 :-)

Jose Luis Guede Losada dijo...

Muchas gracias por la aclaración y buen puente.

Anónimo dijo...

Grupo 3. Belén G. Martínez

Video 1:

1. Eles pensan que si conseguían facer máis unidades para satisfacer a poboación estes serían máis felices.

2. O homes son como as ovellas onde vai un van todos e saben por onde teñen que ir e cal é o seu sitio e siguen un traballo rutinario.

. A cadea de producción non se podía parar. O obreiro quería espantar unha mosca que o estaba molestando no seu traballo e debido a eso tivern que parar a produción, probocándolle casi o despido

Video 2:

1. Presentáronlle o xefe unha máquina revolucionaria que eliminaría a hora da comida aunmentando así a produción, xa que terían máis temepo para traballar. O home que presentaba a máquina non estaba presente, era unha gravadora.

2. Despois de estar todo o día realizando o mesmo movemento, o corpo por inercia realizabao só.

3. O obreiro estaba realizando o seu traballo e para que unha peza non fose sin traballar introduciuse un pouco dentro da máquina, pero pouco despois a súa ferramenta quedou enganchada e entrou dentro da máquina, onde seguía a enroscar todo o que vía.

4. Obreiro- Obreiro: Durante o traballo axudabanse uns ós outros pero cando viña o supervisor esquecianse desa relación e botábanse culpas uns ós outros para non ser despedidos.

Empresario-Obreiro: O empresario non falaba co obreiro, vía todo o que eles facían por unhas cámaras e limitábanse a aumentar o ritmo de traballo sen pensar no cansanzo do obreiro. Éste só traballaba.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER